Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade desenvolvida no Colexio Eduardo Pondal a través do proxecto Voz Natura.
A nosa andaina no proxecto Voz Natura escomeza no curso 2009-2010 froito dunha necesidade de acercar ós nosos alumnos á natureza, a respetala e a valorala.
Situados nun entorno natural, o Colexio dispón dunha zona posterior na que se está a realizalo proxecto. A primeira actuación que realizamos, no curso 2009-2010, foi a elaboración dun horto, pero debido a climatoloxía as prantas que os rapaces sementaron deron o seu froito no verán e os nenos non poideron disfrutar de todo o proceso que abrangue dende a plantación ata a recollida do froito.
É por iso polo que o proxecto do curso seguinte, 2010-2011 foi a construcción dun invernadoiro no que poder adiantar a plantación de hortalizas e así terminalo proceso no curso escolar.
No curso, 2011-2012, os alumnos de educación infantil son os encargados da plantación e cuidado do invernadeiro. Os alumnos de primaria e secundaria traballan no proxecto de creación dun xardín botánico con especies de clima atlántico e propias da nosa rexión.
No curso 2013-2014 fabricamos un aeroxerador a partir de materiais reciclados coma un xerador de coche e tubería de pvc. Tamén se construimos unha charca para poder plantar especies acuáticas e criar peixes.
No curso 2014-2015 continuamos coa plantación de árbores autóctonas, xa temos carballos, unha sobreira, un acivro. O noso obxetivo e crear unha fraga.
Para o vindeiro curso queremos rescatar unha lagoa e fusionala coa fraga creando un entorno que recupere os nosos bosques, que se atopan moi atacados por especies foráneas coma o eucalipto, e que forman parte da ideosincrasia da nosa rexión e do noso pasado