Entradas etiquetadas como ‘Compost’

Compostaxe

viernes, enero 25th, 2019

Dentro dos nosos esforzos por convertirnos nun colexio cada vez máis “ecoloxicamente eficiente” unha das primeiras pegadas que consideramos dar foi a instalación dunha pequena estación de compostaxe, para a que contamos coa axuda da Deputación que nos enviou unha e personal que lles explicou aos alumnos de 5º e 6º todo o proceso e a necesidade da compostaxe, como a solución máis axeitada ao problema da almacenaxe de residuos.


Como a instalación da estación de compostaxe requería estar en contacto con terra húmida, instalamola nunha zona do patio achegada á canle de saída da auga do muíño que existe preto do noso centro.


E para rematar os nenos de 6º reproduceron a charla informativa que se lles dera a eles entre os máis pequenos.

ojd