Cultivos de Inverno

avatar Escrito por josean767
3 de febrero de 2019 a las 23:21h

No mes de febreiro, unha vez montadas as bancadas e coa colaboración do concello, que nos proporciounou parte da terra para enchelas, botámonos a plantar repolos, patacas, allos, acelgas, porros…

Reciclamos

avatar Escrito por josean767
31 de enero de 2019 a las 23:08h

Durante  todo o mes de xaneiro estivemos planificando o noso horto urbano: mercar bancadas, sustrato, planificar os distintos cultivos e sementes…..


E logo reciclamos botellas, garrafas de plástico e caixas de madeira para usalas como maceteiros e sementeiros.

Compostaxe: que, como, porque e para que

avatar Escrito por josean767
28 de enero de 2019 a las 9:43h


Compostaxe

avatar Escrito por josean767
25 de enero de 2019 a las 8:50h

Dentro dos nosos esforzos por convertirnos nun colexio cada vez máis “ecoloxicamente eficiente” unha das primeiras pegadas que consideramos dar foi a instalación dunha pequena estación de compostaxe, para a que contamos coa axuda da Deputación que nos enviou unha e personal que lles explicou aos alumnos de 5º e 6º todo o proceso e a necesidade da compostaxe, como a solución máis axeitada ao problema da almacenaxe de residuos.


Como a instalación da estación de compostaxe requería estar en contacto con terra húmida, instalamola nunha zona do patio achegada á canle de saída da auga do muíño que existe preto do noso centro.


E para rematar os nenos de 6º reproduceron a charla informativa que se lles dera a eles entre os máis pequenos.

Convertémonos en Ecoescola

avatar Escrito por josean767
12 de enero de 2019 a las 9:20h

A nosa Escola ten a sorte de estar situado nun lugar privilexiado no que ao entorno natural se refire; ao seu carón discurre un pequeno curso fluvial, o Lameira, que configura un espazo natural e etnográfico que coidamos que debía ser potenciado: arborado, paseo fluvial, un muíño de río aínda en funcionamento e sobre todo o contacto constante dos nenos coas actividades agrícolas, que ao redor do noso centro, manteñen os veciños. Todo este entorno de cercanía co mundo natural, levounos a dar este primeiro paso cara a converternos nunha Ecoescola e aproveitando un dos patios laterais en desuso na actualidade creamos a nosa horta escolar

ojd