Entradas para la categoría ‘Maio’

Chegou o Maio

miércoles, mayo 8th, 2019

E seguindo o costume de tódolos anos, fomos cantar o maio polas rúas de Marín, costume que se remonta aos bisavós dos bisavós dos nosos bisavos. nunha cadea infinita que nos non queremos rachar

Aí ven o maio

miércoles, mayo 8th, 2019

E chegou ao Sequelo. Se case douscentos anos antes nun relato que se conserva en Pontevedra os rapaces fuxían da escola durante dous días para facer o maio; agora van a ela para facelo. O noso centro consciente da importancia de transmitir en condicións a nosa cultura completou todo o proceso da elaboración do maio e nel colaboramos todos: pais, mestres e sobre todo alumnos que son o chave para que esta festa do renacemento da natureza perdure na nosa vila.

Para cantar este maio

miércoles, mayo 8th, 2019

Para cantar este maio necesitabamos unha letra e os nenos a partir do libreto guía que elaboraramos hai anos, fixeron unha copla estupenda para anunciar, como antes ca eles os seus devanceiros, o renacer da natureza.

ojd