Chegou o Maio

avatar Escrito por josean767
8 de mayo de 2019 a las 6:06h

E seguindo o costume de tódolos anos, fomos cantar o maio polas rúas de Marín, costume que se remonta aos bisavós dos bisavós dos nosos bisavos. nunha cadea infinita que nos non queremos rachar

Aí ven o maio

avatar Escrito por josean767
8 de mayo de 2019 a las 5:56h

E chegou ao Sequelo. Se case douscentos anos antes nun relato que se conserva en Pontevedra os rapaces fuxían da escola durante dous días para facer o maio; agora van a ela para facelo. O noso centro consciente da importancia de transmitir en condicións a nosa cultura completou todo o proceso da elaboración do maio e nel colaboramos todos: pais, mestres e sobre todo alumnos que son o chave para que esta festa do renacemento da natureza perdure na nosa vila.

Para cantar este maio

avatar Escrito por josean767
8 de mayo de 2019 a las 5:52h

Para cantar este maio necesitabamos unha letra e os nenos a partir do libreto guía que elaboraramos hai anos, fixeron unha copla estupenda para anunciar, como antes ca eles os seus devanceiros, o renacer da natureza.

Que bonita está a nosa horta

avatar Escrito por josean767
24 de abril de 2019 a las 8:29h

Como medrou  a nosa horta; en nada todo foi para arriba e así quedou de fermosa.

 

 

Chegan os amorodos

avatar Escrito por josean767
10 de abril de 2019 a las 7:21h

A primeiros de Abril empezaron a saír pequeniños amorodos todos eles moi saborosos.

Aos mais pequenos encantáronlle

Neumático-macetas

avatar Escrito por josean767
8 de abril de 2019 a las 5:46h

Reciclamos neumáticos, pintámolos e construimos maceteiros cos que decoramos os xardíns con flores ornamentais, que nos foron suministradas polo concello.


Tal que así quedaron as nosas obras de arte

No día a día

avatar Escrito por josean767
22 de marzo de 2019 a las 5:24h

Organizamos turnos para o rego e coidado do horto entre tódolos cursos do centro,

Os de sexto que sempre estiveron presentes axudando aos  máis pequenos, titorizaron todo o proceso.

Carteis para os cultivos

avatar Escrito por josean767
7 de marzo de 2019 a las 21:56h

Logo de ter colocadas nas distintas bancadas os cultivos de inverno e de primaveira elaboramos carteis en galego para sinalar as distintas plantas que pouco a pouco fomos poñendo nelas.

Sementamos tamén plantas aromáticas e ornamentais.

Cultivos de primavera

avatar Escrito por josean767
1 de marzo de 2019 a las 21:36h

En marzo, plantamos

AMORODOS

ADEMAIS PLANTAMOS CEBOLAS, REMOLACHA, CENORIAS, LEITUGAS, TOMATES E PEMENTOS

Cultivos de Inverno

avatar Escrito por josean767
3 de febrero de 2019 a las 23:21h

No mes de febreiro, unha vez montadas as bancadas e coa colaboración do concello, que nos proporciounou parte da terra para enchelas, botámonos a plantar repolos, patacas, allos, acelgas, porros…

ojd