A parroquia de Verdes, no concello de Coristanco, posúe un encanto especial. Alí o sinuoso discorrer do río Anllóns atópase cun dique de gneis que o obriga a axitarse nunha serie de rápidos e cataratas.
O coñecido como “Refuxio de Verdes” ofrece ao visitante a posibilidade de camiñar, descubrir os sons que emanan do seu entorno, dos seus bosques de carballos, dos seus illotes, das súas pontes de madeira, dos seus muíños, das súas fontes…
Os refuxios con rústicos aseos, os xogos para os máis pequenos, compoñen o lugar perfecto para unha comida campestre e unha xornada de convivencia co medio natural.
Verónica Viqueira e Judith Martinez, 1ºC


moi interesanrte e ademais e de hoxe!!!!!!!!!!!!!!!!
Bueno, alomenos quedou ben.. jajaja
Raquel, subirás nota por esto non?
unha foto estupenda …
e se cdra ainda sube a nota pero se nn a min nn me importa eu pasoo ben en proxecto
Raquel, súbenos a nota!
Jajaja
Pero tamen de outras asignaturas que mos fai boa falta.. xD
ai a min dame igual nn e que vai sobrada pero conformome