Noraboa!!!

Os nosos parabéns ao CPR  Cervantes de Lugo, gañador do premio ao mellor blog Voz Natura deste ano.

Aquí vos deixo o enlace ao seu blog ” O bosque encantado”

Publicado en Celebracións | Deja un comentario

Axentes do SEPRONA visitan o colexio

O pasado 11 de maio, axentes do Servicio de Protección da Natureza (Seprona) visitaron o colexio para impartir unha serie de charlas sobre prevención de incendios forestais. Nestas charlas, os alumnos/as de Infantil e Primaria coñeceron a labor que desempeñan estes axentes, a importancia de coidar e manter limpos os bosques e como previr os incendios forestais.

E a ti, que foi o que máis che gustou?

Publicado en Charlas, Árbores e reforestación | Deja un comentario

Unha bágoa polas fragas

As FRAGAS DO EUME é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados

Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Sen embargo,esta fin de semana un incendio provocou a perda de máis de 750 hectáreas.

Por iso dende o noso blogue queremos facer unha homenaxe a este lugar e rexeitar a perda dos nosos bosques.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Publicado en Árbores e reforestación | 2 comentarios

APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA

Dende hai seis anos, centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, gobernos e centros educativos unen as súas voces contra o cambio climático apoiando a maior campaña de sensibilización organizada por WWF: a Hora do Planeta.

En 2011, máis de 5.000 cidades de 135 países apagaron as luces dos seus principais monumentos e edificios emblemáticos, enviando así unha clara mensaxe: os xestos simbólicos poden xerar grandes cambios se conseguimos un compromiso global durante todo o ano.

Ecopatrulleiros!!! O sábado 31 de marzo ás 20:30 apagade a luz durante unha hora para que o planeta poida descansar!!!

Se queres saber máis da hora do planeta mira o seguinte vídeo.

embedded by Embedded Video
Download Video

Publicado en Celebracións | 2 comentarios

MURAL DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS

Velaquí o gran mural sobre os bosques galegos realizado polos alumnos de infantil e primaria. Cada aula de primaria encargouse de investigar sobre unha árbore diferente e os rapaces de infantil axudaron a pintar os debuxos.

Publicado en Árbores e reforestación | 3 comentarios

SAÍMOS NO XORNAL!!!

Mirade que guapos os nenos/as de Infantil plantando os acivros na Rocheira.

Publicado en Árbores e reforestación | 2 comentarios

PLANTACIÓN NA ROCHEIRA

Para conmemorar o Día Forestal Mundial, o pasado 21 de marzo os alumnos/as do Infantil e Primaria fixeron unha plantación de acivros na área recreativa da Rocheira.

Así traballaron:

Publicado en Celebracións, Saídas e excursións., Árbores e reforestación | 1 comentario

Saída á Enseada da Insua

O pasado venres 16 de marzo, o alumnado de terceiro ciclo de primaria visitou a Enseada da Insua, facendo unha ruta a pé que lles permitiu gozar da fermosa paisaxe e coñecer a biodiversidade da zona.

Clicade no enlace para ver as fotos.

embedded by Embedded Video
Download Video

Publicado en Saídas e excursións. | 9 comentarios

A XOGAR!!

Velaquí o enlace a un entretido xogo.

Nel teredes que percorrer as distintas fases da fabricación do papel e poderedes coñecer todo o que o bosque fai por nós e como podes colaborar no seu mantemento e coidado.

Clicade aquí

Publicado en Xogos | 4 comentarios

Que o home te ignore!

Os rapaces de 3º ciclo de primaria estivemos vendo O bosque animado. Esta película tan relacionada coa temática de Voz Natura deste curso fíxonos reflexionar sobre a responsabilidade dos humanos na destrución da natureza.

Que vos pareceu? Que outras conclusións sacamos da película?

Publicado en Árbores e reforestación | 4 comentarios