A semana pasada, andivemos a preparar xardíns verticais con macetas de material reciclado, concretamente botellas de leite pintadas. mirade que chulis nos quedaron e como lucen no noso patio!
Preparando a sementeira
Empezamos a preparar o noso horto e como paso previo, levamos a cabo o proceso da sementeira. Fixemos un traballo de investigación coa axuda das nosas familias. Deste xeito, aportáronnos información sobre as sementes que se podían plantar nestes meses, así como os coidados que necesitan. Asemade, mandáronnos algunhas sementes para facer prácticas.
Así, sementamos trigo, chícharos, cenorias, perexel, cebada, tirabeques, leituga, allos e allo porros, coles e fabas.
Preparamos a terra, colocamos as sementes e agora a esperar que medren.
Clasificamos co outono
Reciclaxe e cambio climático
Chegou o outono
Hoxe tivemos uns agasallos moi coloridos!
Emma e a súa mamá trouxéronnos para o patio da escola uns arbustos súper chulos do viveiro no que el traballa!
Limos as etiquetas, e a información que traían. De momento non os plantamos fora, queremos buscarlles un sitio axeitado!
Finalmente, decidimos entre tod@s cal era o que máis nos gustaba… Foi unha difícil votación. Pero o reconto de votos deulle a maioría ao violeta!
Estamos desexando plantalos fora.
Land Art de Outono
Cogumelos no noso patio!
Outoneando dentro!
Ao longo de esta semana fomos traendo á escola cousas típicas de outono: froitos, follas, cortezas de árbores diferentes, choupíns, caracois…
Cada neno/a foi presentando as súas aportacións e fomos rexistrando. De seguido, fixemos fotos a cada unha das cousas para completar a proposta máis adiante. En algúns casos fíxonos falta empregar a app PlantNet para cerciorarnos da árbore á que pertencían algunhas das follas.
Finalmente clasificamos e ordenamos os materiais e fixemos mandalas e creacións artísticas!!