nov 28

RECOLLENDO OLIVAS!!

Os nenos e nenas de  5ºB disfrutaron dun espléndido día de  outubro recolectando  Olivas…  Sí, lestes ben.  Temos un olivo no centro, plantado gracias ó programa Voz Natura, e  este ano deu os seus primeiros froitos.

Non nos dará para facer aceite nin para exportar aceitunas á China, pero sí para disfrutar dunha tapiña deste gustoso froito.

O proceso está sendo o seguinte:     Primeiro recollemos as olivas unha a unha para non deterioralas. A continuación métense en auga con moita sal  e allo  e déixanse macerar durante un mes. Ao cabo do mes, cámbiaselle auga e se añade sal (de novo), allo, romero, monda de laranxa  e deixámolo repousar durante 20-30 días máis….  Antes do Nadal agardamos probalas,  xa vos contaremos como foi a experiencia gastronómica!

Saúdos

dic 24

BO NADAL!

A comunidade educativa do C.P.I. DOMINGO FONTÁN de Portas deséxanvos un BO NADAL e un vindeiro 2011 cheo de boas novas.

nov 23

HOXE É UN BO DÍA!

Aproveitando a tregua  que nos concede hoxe o tempo, comezamos  a segunda fase no recoñecemento e identificación de árbores que temos  dentro do recinto escolar (que non son poucos). Alumnos, acompañados de mestres, saíran dispostos a  que ningunha árbore quede sen nome.