O BOSQUE DOS DESEXOS…

avatar Escrito por mery1980
10 de enero de 2019 a las 11:22h

Traballiño de colaboración entre o alumnado de Educación Infantil e as familias. Cada nena e neno fixo a súa árbore na casa, coa familia, escribindo o seu desexo para este Nadal. Aquí tedes o resultado

DECORACIÓN DE NADAL CON MATERIAIS DE REFUGALLO

avatar Escrito por mery1980
10 de enero de 2019 a las 11:17h

Durante os días previos ás vacacións de Nadal, decoramos o colexio e as aulas con obxectos feitos con materiais de refugallo, coa axuda da profe Charo. Aquí algúns exemplos…

 

RECICLANDO NO MAGOSTO

avatar Escrito por mery1980
23 de noviembre de 2018 a las 11:47h

EXEMPLOS DE PORTA CASTAÑAS ELABORADOS POLO ALUMNADO NAS SÚAS CASAS, PARA A FESTA DO MAGOSTO

MES DA CIENCIA EN GALEGO

avatar Escrito por mery1980
23 de noviembre de 2018 a las 11:40h

ALUMNADO DE 5º CURSO ENSINANDO CIENCIA (EN GALEGO) ÓS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL. REALIZARON 3 SORPRENDENTES EXPERIMENTOS QUE FIXERON AS DELICIAS DOS MÁIS PEQUENOS.

Saída á carballeira en busca de landras

avatar Escrito por mery1980
29 de octubre de 2018 a las 19:32h

O luns 29 de Outubro saímos cos nenos e nenas de Infantil á carballeira en busca de follas e landras que foron metendo en caixas de cartón. Previamente, se lles contou o conto “O carballo con botas”

Murais

avatar Escrito por mery1980
29 de octubre de 2018 a las 19:22h

Velaquí uns traballos moi interesantes feitos por alumnado de 5º curso, coa axuda das familias.

 

Observando bichiños 2

avatar Escrito por mery1980
29 de octubre de 2018 a las 19:12h

Fomentando a curiosidade dos máis pequenos e, sobre todo, o respeto por todolos animais

Observando bichiños no patio

avatar Escrito por mery1980
10 de octubre de 2018 a las 10:00h

Alumnado de Infantil observando a unha mantis e a un saltón ó que lle faltaba unha patiña, que viñeron de visita polo patio.

Día dos animais

avatar Escrito por mery1980
10 de octubre de 2018 a las 9:40h

 Co motivo da celebración do Día Mundial dos Animais, nas aulas de infantil traballamos o tema falando dos coidados dos animais e da natureza. Logo, cada un debuxou o seu animal favorito. Velaquí algúns exemplos…

 

Comeza un novo curso!

avatar Escrito por mery1980
10 de octubre de 2018 a las 9:36h

Bos dias a todas e todos!! Aquí estamos de novo a pleno rendemento no Curros, con moitas ganas de facer cousiñas. Esta semana poremos algunhas das actividades que xa se fixeron estos primeiros días do curso. Espero que vos gusten…

ojd