Entradas para la categoría ‘Sin categoría’

Temos un formigueiro!!!

lunes, diciembre 28th, 2020

Temos un novo obxecto de aprendizaxe no laboratorio do colexio: un formigueiro!! Está a cargo do profe Juanjo e de dúas estupendas coidadoras de quinto curso, que están encantad@s de ensinarnos e explicarnos cómo funciona e cómo é a organización social e laboral das formigas.

 

Novo recuncho de Voz Natura

lunes, diciembre 28th, 2020

Despois das obras, recuperamos o noso recuncho de VN.

Arrancamos o recuncho con unha actividade para todas as aulas(infantil, primaria e PT). Déuselle a cada clase un bote reciclado(dos que se pintaron o curso pasado), terra, dúas landras das recollidas na carballeira e a mascota de Von Natura do Curros. Cada titor/a colleu un e as plantou coa súa clase, a ver cántas saen!!! Para facer a actividade, déronselle unhas instruccións en forma de carta, impresas en papel reciclado.

Abaixo vemos a actividade realizada por unha clase de sexto curso.

Temos arranxada a nosa horta!!

lunes, diciembre 28th, 2020

Despois das obras do cole, a nosa horta quedou un pouquiño rota. Pero xa está arranxada e lude así de bonita! Esperamos que veña pronto o bo tempo para poder iniciar as plantacións

Natureza no cole

lunes, diciembre 28th, 2020

Situacións diversas e divertidas vividas no centro durante o trimestre, relacionadas coa natureza: un niño de paxaro baleiro, unha seta velenosa, bichiños no patio,…

 

A vista de Landra

lunes, diciembre 28th, 2020

Debuxos feitos por nenos e nenas de 3 e 5 anos, despois de saír á carballeira e vela a través da plantilla dunha landra:

Samain e Magosto 2020

lunes, diciembre 28th, 2020

Este ano foi un pouquiño diferente e pouco se puido facer, pero velaquí dúas actividades feitas en Infantil, empregando a reciclaxe: pantasmas con papel de periódico e vasiños decorados para as castañas do Magosto.

Clase de Educación Física

martes, septiembre 22nd, 2020

Alumnado de Primaria realizando unha actividade de Educación Física na Carballeira, respectando distancias e disfrutando do aire libre.

 

 

Benvidos!!

martes, septiembre 22nd, 2020

Comezamos un novo curso, un tanto complicado, pero con moitas ganas.

A primeira foto deste curso é unha tierna imaxe dun neno de 3 anos observando unha bolboreta no patio.

Reciclando na casa

viernes, abril 17th, 2020

Traballiños feitos por alumnado de Educación Infantil durante o confinamento, empregando a reciclaxe

mde

Pintando botes

viernes, marzo 20th, 2020

Aquí a actividade que se estaba a facer antes da corentena no noso cole. Trátase de pintar con pintura acrílica uns botes reciclados (de leite de bebé), que serán os novos maceteiros do patio cando volvan a comezar as clases.

O equipo pediu ós titores e titoras que elixisen a dous representantes de cada aula para facer o equipo de VN infantil. A primeira actividade que estaban facendo é esta, ademáis de ser os responsables de informar ós seus compañeiros/as das actividades que se están a facer en Voz Natura.

ojd