Pintando botes

avatar Escrito por mery1980
20 de marzo de 2020 a las 17:08h

Aquí a actividade que se estaba a facer antes da corentena no noso cole. Trátase de pintar con pintura acrílica uns botes reciclados (de leite de bebé), que serán os novos maceteiros do patio cando volvan a comezar as clases.

O equipo pediu ós titores e titoras que elixisen a dous representantes de cada aula para facer o equipo de VN infantil. A primeira actividade que estaban facendo é esta, ademáis de ser os responsables de informar ós seus compañeiros/as das actividades que se están a facer en Voz Natura.

Deja tu comentario

ojd