NOVA MASCOTA DE VOZ NATURA

avatar Escrito por mery1980
24 de febrero de 2019 a las 19:43h

O pasado Decembro lanzamos  o concurso para elexir a mascota de Voz Natura do noso centro. O que se lles propuxo ós nenos e nenas foi que hai un trasno na nosa Carballeira, pero que ninguén o viu. Pedíuselles que o debuxaran e que lles puxeran un nome. Despois de varias valoracións do equipo, decidiuse que “Carbi” era o gañador, por plasmar mellor que ninguén a esencia da carballeira.

Parabéns ó autor, Mateo, de 5º curso!!!!

Asimesmo, como houbo varios debuxos que tamén eran merecedores de premio, e como se quixo premiar a un neno e nena de cada nivel, se elexiron outros 5 debuxos gañadores, que serán os compañeir@s de Carbi nas súas aventuras.

Mención especial tamén a duas nenas de 6º, que fixeron o traballo con materiais de refugallo, en formato 3D.

Velaquí eses traballos:

Deja tu comentario

ojd