Archivo para enero, 2019

Os Electrecos

viernes, enero 11th, 2019

O día 4 de decembro visitaron o noso cole os Electrecos, superhéroes da reciclaxe da RAEE, co obxectivo de sensibilizar á comunidade escolar na necesidade de reciclar os aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE).

Isto fíxose a través dos Bolechas, personaxes moi coñecidos para os niños gallegos dende hai case dúas décadas, que se convertirán en ‘Os Electrecos’, os superhéroes da reciclaxe de RAEE. Deste xeito Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e Ecochispa serán os encargados de reclutar superhéroes da reciclaje.

Contan para elo cunha grande variedade de materiais de todo tipo: contos, teatro, audiovisuais, xogos, adhesivos, folletos, etc., co obxectivo de formar un movemento de superhéroes da reciclaxe e defensores do planeta.

Velaquí algunhas fotos da actividade con nenos e nenas de 4º curso:

 

CONCURSO PILABOT

viernes, enero 11th, 2019

Velaquí o alumnado de primaria participando no concurso Pilabot, co obxectivo de conciencialos sobre a necesidade dunha correcta reciclaxe das pilas que usamos na nosa vida doméstica, para así coidar o noso planeta e aportar un gran de area na súa conservación.

 

O BOSQUE DOS DESEXOS…

jueves, enero 10th, 2019

Traballiño de colaboración entre o alumnado de Educación Infantil e as familias. Cada nena e neno fixo a súa árbore na casa, coa familia, escribindo o seu desexo para este Nadal. Aquí tedes o resultado

DECORACIÓN DE NADAL CON MATERIAIS DE REFUGALLO

jueves, enero 10th, 2019

Durante os días previos ás vacacións de Nadal, decoramos o colexio e as aulas con obxectos feitos con materiais de refugallo, coa axuda da profe Charo. Aquí algúns exemplos…

 

ojd