Nendo Dango

avatar Escrito por mery1980
29 de mayo de 2018 a las 20:44h

 

O pasado venres, 25 de maio, fixemos cos nenos e nenas de educación infantil unhas boliñas de sementes, seguido o método «Nendo Dango».

Nendo Dango significa “bola de arcilla” en xaponés, e trátase dunha técnica de cultivo desenvolta polo xaponés Masanobu Fukuoka, quen a inventou como método contra a desforestación. Un dos seus logros máis importantes foi a reforestación dunha montaña desertizada de Xapón, convertida nunha horta comestible.

É unha técnica tan sinxela e útil que moitos agricultores estana empregando non só para reforestar, senon tamén para mellorar a productividade dos seus cultivos.

O sistema consiste en crear unhas bolas de arxila mezcladas con sementes, e algún tipo de sustrato vexetal, (nós empregamos o compost da carballeira), e repelente natural, como a pementa.  Cada neno e nena meteu dentro da súa boliña unha landra que previamente recollemos na carballeira do colexio. Déixanse secar ó sol durante un tempo e xa están listas para ser empregadas ou conservalas unhas semanas ata que as usemos!

Nos lanzámolas o luns 28 de maio nunha zona de Celanova, preto do tanatorio, que ardeu nos incencios acaecidos en outubro do pasado ano.

 

Deja tu comentario

ojd