Archivo para mayo, 2018

Saimos nos xornais!!!!

martes, mayo 29th, 2018

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/celanova/2018/05/29/xunta-busca-implicar-colectivos-parroquias-incendiosvecinos-reza-entregan-firmas-contra-senda/0003_201805O29C4993.htm

http://lector.kioskoymas.com/epaper/viewer.aspx?noredirect=true

http://www.crtvg.es/informativos/nesa-loita-contra-os-incendios-forestais-medio-rural-tamen-quere-involucrar-os-mais-novos-3781168

A labor medioambiental do Ceip Curros Enríquez de Celanova quedou reflexada onte e hoxe nos medios, coa actividade de lanzar as boliñas de sementes nunha zona queimada de Celanova. Ó acto acudiu a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez e outras personalidades de relevancia

Nendo Dango

martes, mayo 29th, 2018

 

O pasado venres, 25 de maio, fixemos cos nenos e nenas de educación infantil unhas boliñas de sementes, seguido o método “Nendo Dango”.

Nendo Dango significa “bola de arcilla” en xaponés, e trátase dunha técnica de cultivo desenvolta polo xaponés Masanobu Fukuoka, quen a inventou como método contra a desforestación. Un dos seus logros máis importantes foi a reforestación dunha montaña desertizada de Xapón, convertida nunha horta comestible.

É unha técnica tan sinxela e útil que moitos agricultores estana empregando non só para reforestar, senon tamén para mellorar a productividade dos seus cultivos.

O sistema consiste en crear unhas bolas de arxila mezcladas con sementes, e algún tipo de sustrato vexetal, (nós empregamos o compost da carballeira), e repelente natural, como a pementa.  Cada neno e nena meteu dentro da súa boliña unha landra que previamente recollemos na carballeira do colexio. Déixanse secar ó sol durante un tempo e xa están listas para ser empregadas ou conservalas unhas semanas ata que as usemos!

Nos lanzámolas o luns 28 de maio nunha zona de Celanova, preto do tanatorio, que ardeu nos incencios acaecidos en outubro do pasado ano.

 

Día da Terra

martes, mayo 29th, 2018

    Móbil realizado por alumnado de 6º curso, nas clases de inglés (Arts and Crafts), co motivo da celebración do día da Terra

NOVOS CARTEIS DA CARBALLEIRA

martes, mayo 29th, 2018

Xa están listos e colocados os carteis que fixo Voz Natura para a entrada da nosa carballeira. Quedaron xenial!!!

AVES AUTÓCTONAS

martes, mayo 29th, 2018

 ALUMNADO DE 4º CURSO, ESTUDIANDO AS AVES DA NOSA TERRA.

ojd