VISITA APMOU

avatar Escrito por mery1980
23 de febrero de 2018 a las 22:49h

 

     
 

O pasado mércores, 21 de febreiro, visitaron o cole Inés, Arantza e Miguel, integrantes da asociación APMOU( asociación de propietarios de mascotas de Ourense).

Os destinatarios foron os nenos e nenas de educación infantil, que aprenderon cousas moi interesantes sobre cans e gatos, como coidados, alimentación, curiosidades e tamen aprenderon cómo actuar cando ven a un can só e como actuar cando queren tocarlle a un cadeliño.

Asimesmo, os pequenos axudaron aportando debuxos das suas mascotas e comida e mantas que serán destinadas a diferentes asociacións protectoras de animais.

Coas fotos que trouxeron os nenos e nenas da casa, nas que aparecen as suas mascotas, faremos no cole un mural colectivo que poderedes ver en breve.

Encantados coa experiencia, esperamos poder recibir outra visita destas excepcionais persoas o vindeiro curso.

Gracias pola vosa colaboración!!!!

Deja tu comentario

ojd