Clase de Educación Física

avatar Escrito por mery1980
22 de septiembre de 2020 a las 8:07h

Alumnado de Primaria realizando unha actividade de Educación Física na Carballeira, respectando distancias e disfrutando do aire libre.

 

 

Benvidos!!

avatar Escrito por mery1980
22 de septiembre de 2020 a las 8:05h

Comezamos un novo curso, un tanto complicado, pero con moitas ganas.

A primeira foto deste curso é unha tierna imaxe dun neno de 3 anos observando unha bolboreta no patio.

Reciclando na casa

avatar Escrito por mery1980
17 de abril de 2020 a las 17:18h

Traballiños feitos por alumnado de Educación Infantil durante o confinamento, empregando a reciclaxe

mde

Pintando botes

avatar Escrito por mery1980
20 de marzo de 2020 a las 17:08h

Aquí a actividade que se estaba a facer antes da corentena no noso cole. Trátase de pintar con pintura acrílica uns botes reciclados (de leite de bebé), que serán os novos maceteiros do patio cando volvan a comezar as clases.

O equipo pediu ós titores e titoras que elixisen a dous representantes de cada aula para facer o equipo de VN infantil. A primeira actividade que estaban facendo é esta, ademáis de ser os responsables de informar ós seus compañeiros/as das actividades que se están a facer en Voz Natura.

Creando o rincón de Voz Natura

avatar Escrito por mery1980
8 de marzo de 2020 a las 17:58h

 

 

 

Rincón creado polo equipo de Voz Natura nunha das entradas ó colexio, ó lado das escaleiras que suben á biblioteca. Así todos os nenos e nenas e o profesorado pode botar un ollo ó noso rincón e as súas novidades.

Prantando árbores

avatar Escrito por mery1980
1 de marzo de 2020 a las 21:26h

Alumnado de «Basket por libros», axuda ó medio ambiente, plantando arbores nun campo anexo ó colexio.

 

 

 

 

   

Reciclando no Entroido

avatar Escrito por mery1980
1 de marzo de 2020 a las 21:06h

Alumnado de Educación Infantil fixo, coa axuda das súas familias, cabalos con materiais de refugallo (botellas de plástico), para o desfile de Entroido. Este ano a temática eran os xogos olímpicos e eles representaban o deporte da hípica.

 

Proxecto Castelos

avatar Escrito por mery1980
3 de febrero de 2020 a las 12:50h

As aulas de Educación Infantil están traballando un proxecto anual sobre os castelos.

Unha das actividades consistiu en mandar unha carta ás familias, pedíndolles que, durante as vacacións de Nadal, constrúan o seu castelo, cunha caixa de cartón:

O resultado foi espectacular, uns auténticos artistas!!!!!

Pilabot

avatar Escrito por mery1980
3 de febrero de 2020 a las 12:43h

Outro ano máis, o noso centro participa no concurso de recollida de pilas usadas, ¨Pilabot¨. Xa está todo preparado para que os nenos e nenas de primaria traian da casa as súas pilas usadas, con motivo de reciclalas de forma responsable, segura e limpia.

DÍA DA PAZ

avatar Escrito por mery1980
3 de febrero de 2020 a las 12:37h

Precioso puzzle realizado por todo o centro, con motivo do Día escolar da Paz. Cada aula decorou a súa peza correspondente cas técnicas plásticas elexidas por eles. Cada peza do puzzle é unha caixa de cartón, para fomentar a reciclaxe.

Velaquí o resultado:

ojd