Obxetivos

A aprendizaxe nas idades temperás, cremos que é  ideal para que as actitudes perseveren ó longo da vida. As nosas escolas teñen, dentro da súa educación en valores, a interiorización de actitudes e coñecemento sobre o coidado medio ambiente e a súa importancia na vida de todos.

Por iso, é de interese no noso Centro educar aos nosos alumn@s na concienciación da defensa do coidado e respecto á Natureza, ao Medio ambiente,  do perigo de extinción no que están moitos dos animales e o ecosistema. Por iso,  é tarefa diaria nas nosas aulas: a reciclaxe, o cambio climático, a  biodiversidade,  concienciamos  sobre o aforro e o uso correcto da auga, tanto a nivel doméstico como industrial, así como, a preservación de ecosistemas fluviais e mariños, e a súa fauna e flora, ensinamos ao alumnado a reforestar e loitar pola conservación e defensa das árbores. O vindeiro curso, ademáis,  dedicarémolo a fomentar o uso das fontes renovables e promover o aforro enerxético.

Finalmente indicar que, seguiremos contando coa colaboración das nos@s familias e outras institucións coma ANPA, Concello, e Asociacións . Pensamos que a participación nesta idea sería positiva para todos e  axudaríanos a mellorar o  contorno máis cercano e a un desenrolo sostible do noso planeta. Por iste motivo creamos tamén iste blogue; así as familias poderán saber que é o que realizamos en tódalas escolas no referente a este proxecto, ademáis tamén de servir para estar en contacto tódolos alumnos do CRA e ver as actividades que realizan o resto de compañeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>