CONCENCIÁMONOS DE QUE TEMOS QUE RECICLAR AS LATAS:

APRENDEMOS A FACER INSTRUMENTOS DE MÚSICA CON MATERIAL RECICLADO:

Unha vez máis, servímonos da páxina do Youtube para amosarlle aos raparigos e raparigas deste CRA como podemos reutilizar o material que xa non precisamos. Nesta ocasión, descubrimos a forma de crear unha guitarra cunha caixa de cartón, goma elástica e unhas pequenas ramas e tamén un tambor cunha tubería vella:

AS BOTELLAS RECÍCLANSE PARA CREAR LUZ ARTIFICIAL NAS CASAS:

Nunha vila de Canadá, onde a xente ten poucos recursos, agudizaron o inxenio e crearon lámparas artificiais con botellas de plástico, auga e cloro. Non vos perdades o vídeo!

CHARLA SEPRONA: 30.03.2012

O pasado 30 de marzo, recibimos no noso CRA a visita de membros dos SEPRONA. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos moitas cousas sobre o coidado e mantemento da natureza.

Ao chegar a profe Esther contounos moitas cousas sobre as árbores e as prantas: qué precisan para vivir, que nos aportan, como coidalas, etc.

Continuamos a xornada cantando con Ivana, a mestra de inglés deste CRA, cancións en inglés que tiñan como temática a fauna e o medio natural dunha selva.

(Pinchar no seguinte audio)

Despois, os membros do SEPRONA amosáronnos os vehículos que usan para poder andar polos montes e visiar así a zona. Deixáronnos subir ao coche e a moto, e por uns intres os nenos e nenas  sentíronse tamén uns auténticos gardas forestais.

A mañá continuou cunha charla dos nosos visitantes e o visionado dun PowerPoint que nos serviron para tomar conciencia sobre o cuidado dos nosos montes.

Finalizamos a mañá cunha película moi divertida que trataba a importancia da auga.

VÍDEO DE CÓMO RECICLAR ENVASES:

Amosámosvos un vídeo de ECOEMBES, que trata da reciclaxe dos envases. É moi orixinal, non volo perdades!!!

La nueva vida de los envases from Ecoembes on Vimeo.

XOGANDO TAMÉN APRENDEMOS:

Na rede atópanse moitos recursos orixinais para traballar o coidado e mantemento da natureza, así aprendemos a reducir, reutilizar e reciclar de forma lúdica.

Un exemplo destes recursos é o de “YO TAMBIÉN RECICLO”  no que descubrimos todo o proceso da reciclaxe de vídrio, aprendendo así a coidar o noso entorno a través de rompecabezas, vídeos, separación de residuos… Ademáis os profesores atoparán unidades didácticas, fichas e outros materiais para traballar o tema nas súas clases:

http://www.reciclavidrio.com/entrar.htm

Outros xogos moi orixinais para sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia do coidado do Planeta son os da páxina do “MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE” (Goberno de España):

http://www.mma.es/secciones/area_infantil/index.htm

Tamén podemos coñecer todo o proceso de recollida de lixo nunha cidade a través dos xogos de “ECOCIUDAD“, descubrindo así como funciona unha planta de reciclado de papel ou de envases:

http://www.ecoembes.com/ecociudad/ecociudad.html

Outro xogo online é o de “RECYCLE” no que os en nenos deben de observar os contenedores para tirar nel o que corresponda. Recordade que o verde é para o vidrio, o azul para os papeis e o vermello para os plásticos:

http://es.yupis.org/juegos/recycle/#play

Para fomentar o coñecemento do bosque e os productos forestales e xerar conciencia da nosa responsabilidade na súa defensa e coidado pordemos traballar coa web de “EDUFORES“:

http://www.edufores.com/

A “RED DE CENTROS DE INFORMACIÓN DE RESIDUOS DE LA COMUNIDAD DE MADRID” tamén ten xogos online para os máis pequenos:

http://www.rcir.es/rcir_ninos.html

Outro xogo online que trata a saúde e o medio ambiente é o “HONOLOCO“:

http://honoloko.eea.europa.eu/Honoloko.html

Se o que queremos é aprender a aforrar auga, o proceso da choiva… podemos xogar a:

http://www.aguasdesevilla.com/infantil/infan/index.html

A través de “KIOTÍN” os alumnos poderán tomar conciencia da importancia do simple xesto cotiá de depositar o seu papel usado nunha basoira para que poida ser reciclado, contribuindo así á mellora do medio ambiente e ao desarrollo sostible:

http://www.tupapelesimportante.com/index.asp?MP=2

Coñece todo sobre o efecto invernadero a través do xogo online de “ECOPIBES”:

http://www.ecopibes.com/juegos/index.html