AS PATACAS DA HORTA DE TALLO ESTÁN MEDRANDO!:

Os nenos da Unitaria de Tallo coidan moi ben a horta e comparten neste blog unha imaxe das patacas plantadas fai unhas semanas, están medrando!!! 😀

DÍA MUNDIAL DA TERRA: 22 DE ABRIL

O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

DÍA DO LIBRO: abril 2012

Celebramos onte o Día do Libro nas nosas escolas. Para iso realizamos convivencias entre as diferentes unitarias, onde recibimos a visita de membros da Fundación Intervida. Contáronnos uns contos moi divertidos que trataban o coidado do noso planeta, realizamos unha pequena charla sobre esta temática para despois crear entre todos un mural dunha árbore, ao cal lle puxemos unhas follas moi especiais, fixádevos!

UNHA PÍNTEGA VISITA A UNITARIA DE TALLO:

Fai uns días subimos a este blogue un artigo sobre á Píntega Gallaica, quen nos diría que días despois ibamos poder contemplar este fermoso animal na horta da Unitaria de Tallo!

CHARLA SEPRONA: 30.03.2012

O pasado 30 de marzo, recibimos no noso CRA a visita de membros dos SEPRONA. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos moitas cousas sobre o coidado e mantemento da natureza.

Ao chegar a profe Esther contounos moitas cousas sobre as árbores e as prantas: qué precisan para vivir, que nos aportan, como coidalas, etc.

Continuamos a xornada cantando con Ivana, a mestra de inglés deste CRA, cancións en inglés que tiñan como temática a fauna e o medio natural dunha selva.

(Pinchar no seguinte audio)

Despois, os membros do SEPRONA amosáronnos os vehículos que usan para poder andar polos montes e visiar así a zona. Deixáronnos subir ao coche e a moto, e por uns intres os nenos e nenas  sentíronse tamén uns auténticos gardas forestais.

A mañá continuou cunha charla dos nosos visitantes e o visionado dun PowerPoint que nos serviron para tomar conciencia sobre o cuidado dos nosos montes.

Finalizamos a mañá cunha película moi divertida que trataba a importancia da auga.

HORTA DE BRÁNTOAS:

Os días próximos á Semana Santa os nen@s da Escola Unitaria de Brántoas estrenaron a súa horta coa plantación de cabazas. Os vindeiros días continuarán a labranza con patacas, chícharos, etc.