Posts under ‘FLORA’

NÓS TAMÉN CREAMOS!!:

Neste último trimestre participamos no Proxecto Nós Tamén Creamos para pasar de ver pequenas curtometraxes en galego a crealas nós mesmos! Coma sempre, aproveitamos este proxecto para facer animacións con materias reciclados. A continuación amosámosvos as curtometraxes realizadas polos raparigos desta escola: – A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR. – QUE SUSTO! – O GALO TRAGANOCES.

FESTA DE FIN DE CURSO DE VOZ NATURA!!!! :D

O vindeiro día 2 de Xuño estaremos en Acea De Ama (Culleredo) celebrando un ano máis a festa de fin de curso de Voz Natura. Xogaremos e divertirémonos todo o día. Non vos perdades esta festa!!!! estades todos invitados!!! Festa fin de curso de Voz Natura!!!!!

GAÑAMOS UN PREMIO DE VOZ NATURA!!!!! :D

Este ano o noso colexio (Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro ) foi premiado na categoría de Educación Infantil na edición de este ano de Voz Natura. Saimos  no XORNAL!!!!!!!!! mirade!: \”Artigo da Voz de Galicia\” Mellor proxecto de educación infantil!!! Artigo da Voz de Galicia 20.05.12 Fotos recollida dos premios de Voz Natura. [...]

MEDRAN AS CABAZAS DA HORTA DE BRÁNTOAS!!!:

Días antes da Semana Santa, os nen@s da Unitaria de Brántoas comezaron a plantación anual có cultivo de sementes de cabazas. Agora amósannos o seu crecemento e explícannos que deberán transplantalas debido ao seu volume, e é que… nacéronlles un montón! mirade!

OS ALUMNOS DE BRÁNTOAS APRENDEN A PODAR:

Na Escola de Brántoas, fai quince días, aproveitaron a chegada do bó tempo para podar a Hortensia que teñen no seu fermoso xardín:

ATOPAMOS UN FUNGO CON FORMA DE ESTRELA DE MAR:

No primeiro trimestre, cando fomos de excursión ao Río Chelo, atopamos e fotografiamos un cogumelo moi fermoso que tiña una forma moi peculiar. Agora sabemos de que especie se trata: Chlathus Archeri. Carpóforo en forma de estrela de mar de catro ou seis puntas, de cor vermello viva, vermello escarlata no interior. A superficie fertil [...]