APRENDEMOS A FACER INSTRUMENTOS DE MÚSICA CON MATERIAL RECICLADO:

Unha vez máis, servímonos da páxina do Youtube para amosarlle aos raparigos e raparigas deste CRA como podemos reutilizar o material que xa non precisamos. Nesta ocasión, descubrimos a forma de crear unha guitarra cunha caixa de cartón, goma elástica e unhas pequenas ramas e tamén un tambor cunha tubería vella:

OS ALUMNOS DE BRÁNTOAS APRENDEN A PODAR:

Na Escola de Brántoas, fai quince días, aproveitaron a chegada do bó tempo para podar a Hortensia que teñen no seu fermoso xardín:

ATOPAMOS UN FUNGO CON FORMA DE ESTRELA DE MAR:

No primeiro trimestre, cando fomos de excursión ao Río Chelo, atopamos e fotografiamos un cogumelo moi fermoso que tiña una forma moi peculiar. Agora sabemos de que especie se trata: Chlathus Archeri.

Carpóforo en forma de estrela de mar de catro ou seis puntas, de cor vermello viva, vermello escarlata no interior. A superficie fertil atopase na cara interna da estrela, unha masa mucilaxinosa e fedorenta.

Crece en verán e outono en bosques de frondosos.
Fungo de doada identificación pola súa forma tan característica dunha estrela de mar.

Trátase dunha especie orixinaria de Australia e Tasmania que se introduciu en Europa en 1914 durante a Primeira Guerra Mundial, na Península foi citada por primeira vez en Guipúzcoa en 1963, é aceptado que as súas esporas chegaron na la de ovellas.

AS PATACAS DA HORTA DE TALLO ESTÁN MEDRANDO!:

Os nenos da Unitaria de Tallo coidan moi ben a horta e comparten neste blog unha imaxe das patacas plantadas fai unhas semanas, están medrando!!! 😀

DÍA MUNDIAL DA TERRA: 22 DE ABRIL

O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

APARECE UN CACHALOTE VARADO NUNHA PRAIA DE MALPICA:

Onte, a través do periódico  La Voz de Galicia (link vídeo) na edición da comarca de Bergantiños, enterámonos de que aparecera un cachalote de quince metros varado nunha praia de Beo (Malpica), preto das nosas escolas.

Este roncual común mide 15 metros, pesa 25 toneladas e ten aproximadamente 40 anos de idade, según apuntaron técnicos do Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos (Cemma), os cales se acercaron ao lugar para efectuar un primeiro diagnóstico.

Non sabemos se o animal se desorientou debido aos cambios climáticos que sufrimos ou se, despois de falecer, as fortes correntes do mar leváronno ata as nosas costas.