Archive

Archive for the ‘COÑECENDO O CONTORNO’ Category

NÓS TAMÉN CREAMOS!!:

Neste último trimestre participamos no Proxecto Nós Tamén Creamos para pasar de ver pequenas curtometraxes en galego a crealas nós mesmos!

Coma sempre, aproveitamos este proxecto para facer animacións con materias reciclados.

A continuación amosámosvos as curtometraxes realizadas polos raparigos desta escola:

- A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR.

- QUE SUSTO!

- O GALO TRAGANOCES.

FESTA DE FIN DE CURSO DE VOZ NATURA!!!! :D

O vindeiro día 2 de Xuño estaremos en Acea De Ama (Culleredo) celebrando un ano máis a festa de fin de curso de Voz Natura. Xogaremos e divertirémonos todo o día. Non vos perdades esta festa!!!! estades todos invitados!!! :D

Festa fin de curso de Voz Natura!!!!!

GAÑAMOS UN PREMIO DE VOZ NATURA!!!!! :D

Este ano o noso colexio (Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro ) foi premiado na categoría de Educación Infantil na edición de este ano de Voz Natura.

Saimos  no XORNAL!!!!!!!!! mirade!:

\”Artigo da Voz de Galicia\”

Mellor proxecto de educación infantil!!! Artigo da Voz de Galicia 20.05.12

Fotos recollida dos premios de Voz Natura. Artigo da Voz de Galicia 03.06.12

MEDRAN AS CABAZAS DA HORTA DE BRÁNTOAS!!!:

Días antes da Semana Santa, os nen@s da Unitaria de Brántoas comezaron a plantación anual có cultivo de sementes de cabazas. Agora amósannos o seu crecemento e explícannos que deberán transplantalas debido ao seu volume, e é que… nacéronlles un montón! mirade!

CONCENCIÁMONOS DE QUE TEMOS QUE RECICLAR AS LATAS:

APRENDEMOS A FACER INSTRUMENTOS DE MÚSICA CON MATERIAL RECICLADO:

Unha vez máis, servímonos da páxina do Youtube para amosarlle aos raparigos e raparigas deste CRA como podemos reutilizar o material que xa non precisamos. Nesta ocasión, descubrimos a forma de crear unha guitarra cunha caixa de cartón, goma elástica e unhas pequenas ramas e tamén un tambor cunha tubería vella: