Monthly Archives: Outubro 2019

O noso horto foi galardoado

A Asociación Vida Sana e a Fundación Triodos acaban de concedernos o Premio Huertos Educativos Ecológicos na categoría infantil. A través deste galardón, preténdense distinguir os proxectos que destacan polo uso do horto e da naturaleza como instrumentos de transmisión de coñecementos, valores, arte social e agricultura. O premio está dotado con 1.000 euros. Que ilusión nos fixo!

Un mar de plástico

O noso mestre de E.F. (representando ao CRA de Ponteceso) participou nunha xornada de limpeza no mar da praia de Riazor, na Coruña. A través do buceo xuntou unha gran cantidade de lixo que estaba nas profundidades e que era una amenaza para as especies mariñas. Sen dúbida, un labor excepcional e una gran aprendizaxe para os nosos alumnos e alumnas.