Daily Archives: 24/04/2012

ATOPAMOS UN FUNGO CON FORMA DE ESTRELA DE MAR:

No primeiro trimestre, cando fomos de excursión ao Río Chelo, atopamos e fotografiamos un cogumelo moi fermoso que tiña una forma moi peculiar. Agora sabemos de que especie se trata: Chlathus Archeri.

Carpóforo en forma de estrela de mar de catro ou seis puntas, de cor vermello viva, vermello escarlata no interior. A superficie fertil atopase na cara interna da estrela, unha masa mucilaxinosa e fedorenta.

Crece en verán e outono en bosques de frondosos.
Fungo de doada identificación pola súa forma tan característica dunha estrela de mar.

Trátase dunha especie orixinaria de Australia e Tasmania que se introduciu en Europa en 1914 durante a Primeira Guerra Mundial, na Península foi citada por primeira vez en Guipúzcoa en 1963, é aceptado que as súas esporas chegaron na la de ovellas.