CHARLA SEPRONA: 30.03.2012

O pasado 30 de marzo, recibimos no noso CRA a visita de membros dos SEPRONA. Foi unha mañá moi divertida na que aprendimos moitas cousas sobre o coidado e mantemento da natureza.

Ao chegar a profe Esther contounos moitas cousas sobre as árbores e as prantas: qué precisan para vivir, que nos aportan, como coidalas, etc.

Continuamos a xornada cantando con Ivana, a mestra de inglés deste CRA, cancións en inglés que tiñan como temática a fauna e o medio natural dunha selva.

(Pinchar no seguinte audio)

Despois, os membros do SEPRONA amosáronnos os vehículos que usan para poder andar polos montes e visiar así a zona. Deixáronnos subir ao coche e a moto, e por uns intres os nenos e nenas  sentíronse tamén uns auténticos gardas forestais.

A mañá continuou cunha charla dos nosos visitantes e o visionado dun PowerPoint que nos serviron para tomar conciencia sobre o cuidado dos nosos montes.

Finalizamos a mañá cunha película moi divertida que trataba a importancia da auga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *