Daily Archives: 12/04/2012

ESCÁNCER:

En Galicia hai dúas especies de escánceres, pero na zona de Bergantiños só coñecemos o escáncer común (Anguis fragilis). Aínda que a xente pense que é unha serpe, este réptil é un lagarto que perdeu os seus membros.

A pesares de seres beneficiosos para o home, xa que come moitos insectos, lagáchemas … Aínda hai quen o mata cando o atopa. É inofensivo e nunca traba.

Son ovovíparos,quere decir que as femias crían os ovos dentro do corpo e logo pairen as súas crías. Teñen de 6 ata 22 crías. Pódense atopar en lugares húmidos e con sombra, debaixo das pedras… aínda que tamén lles gusta tomar o sol. Cando se ven en perigo poden soltar o rabecho coma outros lagartos. Pola cor pódense diferenciar, se é macho, femia ou mozo. Á da foto é unha femia!

A PÍTEGA:

Chega a primavera, as choivas… e saen as píntegas! Saen sempre denoite, principalmente cando a humidade é alta. Pódense ver dende setembro ata maio. En Galicia temos dúas subespecies de píntega común (Salamandra salamandra), que son a Bernardezi e a Gallaica, máis nesta zona de Bergantiños podemos atopar ámbalas dúas.

É ovovípera, é dicir, os ovos eclosionan dentro da femia (cousa que non ocorre normalmente nos anfibios) e despois pairen as crías na auga.

Quizás sexan dos animais máis odiados da nosa natureza. Din que se a tocas podes quedar cego ou mesmo morrer! pero tamén se lle adxudican poderes como o de apagar o lume. Sendo falsos calquera destes atributos.

As píntegas segregan unha substancia que se chama taricatoxina, que en contacto coas mucosas, feridas ou cos ollos pode producir un picor, máis nunca a cegueira. É totalmente inofensiva. Se se toca débense lavar as mans igual que cando tocamos calquera substancia química. En canto as propiedades curativas que se lle atribúen indicar que non sabemos sé a taricatoxina ten algunha propiedade para curar as doenzas, aínda que existen lendas do lugar que falar sobre isto.

Ademáis destas píntegas en Galicia existen tamén as Píntegas do País, que só as atopamos en augas moi limpas:

A tamén chamada Saramaganta, só vive en Galicia, norte de Portugal e o occidente da Asturias. Pódese atopar en regatos, ríos, cadeas de auga moi limpas, osixenadas e en bosques autóctonos. Atópase no libro vermello de especies ameazadas.

A píntega, un dos nosos animais mitificados, paga como os outros anfibios o prezo da desaparición do seu hábitat, a contaminación…. e unha tradición que a culpa dun mal que non fai. Para moitos a única imaxe é a de velas nas estradas esmagadas polas rodeiras dos vehículos. Pena de destino para un animal inofensivo e moi fermoso!

Gracias a toda esa xente que día a día nos informa sobre especies da nosa terra.

ESCARABELLO DE CORNOS LONGOS:

O «escaravello de cornos longos» (Prionus Coriarius) non é doado de ver porque é nocturno e crepuscular, aínda que as veces atraídos pola luz artificial déixanse ver. Pódense atopar nos bosques caducifolios. Vive nas raíces das árbores vellas e tamén nas mortas e caídas. Poden chegar a medir uns 50 mm e vivir preto de 3 anos. Reprodúcense entre xullo e setembro. As femias poñen os ovos nas cortizas das árbores caducas. As larvas aliméntanse de madeira. Despois dunhas cantas mudas emigran cara abaixo, as raíces. Tamén axudan a descomporse as árbores vellas e caídas. O aumento das plantacións de eucaliptos e tamén os pesticidas, acurrucan a este gran escaravello en pequenos ederradeiros bosques autóctonos, nos que hai unha gran riqueza de biodiversidade. Bosques coma «A Cova Riveira”, na Alta de Soandres (Laracha) onde foi fotografado este escaravello da familia dos Cerambycidae.

Unha vez máis agradecemos a ese blogueiro da Laracha por manternos informados sobre este marabilloso hallazgo.

O ESCORNABOIS:

Este fermoso animal, coñecido científicamente coma Lucus Cervus, recibe diferentes nomes na nosa comunidade; escornabois, vacalouras, vacaloiras, alicornios… Independentemente de como o chamemos podemos dicir que se trata do escarabello máis grande de Europa.

A pesar de estar protexido, segue en perigo de extinción. De feito, os investigadores só lle aseguran preto de 30 anos ata que desapareza a especie. A desaparición dos nosos bosques autóctonos, o seu hábitat, apoluçom, o lume, o espolio e venta a colecionistas, que chegan pagar moitos cartos, fan que teña os días contados.

O escornabois (alicornio) representa para a nosa cultura máis ca un insecto. É o unicornio galego. O que para outros pobos e culturas é un ser mitolóxico representado en forma de cabalo branco cun corno no medio da fronte, para nós é un mito vivo.

Aos seus cornos atribúenselle propiedades curativas, protectoras e enfeitizadoras… Usábanse tanto para remedios para curar os males das persoas como de animais. Tamén se colgaba no peito coma amuleto ou metidos nunha bolsiña de tecido (escapulario) con outras herbas para protexer contra a mal de ollo.
Hai un feitizo de amor que se recolle nunha cantiga e que se fai cocendo auga con flores e follas de vieiteiro, fiuncho, ruda e un corno de vacaloura.

“Sabugueiro de folla repinicada,
collereiche unha rama na madrugada,
Cocereiche con cornos de vacaloura
con fiuncho e ruda dos arredores,
da hermida feituqueira da ViRGE Loura”
.

É incrible, o escornabois, o alicornio galego, protexe o home, máis o home non protexe a el.

Unha vez máis agradecemos a ese blogue da Laracha por informarnos sobre a fauna da nosa terra, así coma as lendas e toponímia da zona.