Daily Archives: 04/04/2012

ANDURIÑA:

A anduriña cruza o mar na súa migración e volve cada ano pola primavera. Por iso para moita xente cando chegan as anduriñas comeza esta fermosa estación do ano.

As leendas din que quen mate unha traeralle moi mala sorte.

Tamén existe outra lenda entorno a súa línea encarnada. Antígamente dicíase que esa cor debíase ao sangue de Xesús Cristo, que cando estaba na cruz a anduriña arrincoulle co seu pico as espiñas que tiña cravadas na testa debido á coroa que lle puxeron.

As veces a tradición oral e a natureza van collidas da man.

Existe un dito popular en relación as anduriñas que dí:

Catro aves extranxeiras cruzan o mar; o cuco, a rura, a anduriña e o paspallás”

.