OS NENOS DE TALLO PLANTAN PATACAS:

CRA PONTECESO
A semana pasada os nenos e nenas da Unitaria de Tallo comezaron coa plantación de patacas no seu pequeno horto. Emprenderon con moita ilusión esta actividade e están á espera de que empece a chover, para así evitar ter que regar con caldeiros a diario.
Pero non é o único que teñen plantado na horta!… días antes plantaron xudías e chícharos! ademáis dun variado de flores e arbustos que xa tiñan plantados doutros anos.
Agora todas as unitarias do CRA poderán ver o crecemento deste cultivo a través das fotos que subiremos a este blogue de VozNatura :D
´
Aproveitamos para ensinarvos o Mini Atlas Xeobotánico de Galicia (online) a través do cal descubrimos moitas cousas sobre as plantas, árbores… do noso contorno galego. Atopámolo na rede, e a verdade é que está xenial para traballar cos pequenos:
http://www.vexetaciondegalicia.es/index.html
Marzo 1, 2012 | 1 Comentario  

COMENTARIOS

 

Trackback URI | Comentarios RSS

Unha resposta para “OS NENOS DE TALLO PLANTAN PATACAS:”

  1. avatar miri on Marzo 2, 2012 20:02

    así me gusta, nenos e nenas de tallo!!!! a prantar na horta, que despois repartides cos profes para facer ensalada!!!jejeje.
    sodes uns cracks!!!!moitos bicos

Deixe unha resposta