CELEBRANDO O ENTROIDO:

CRA PONTECESO

O pasado xoves 16 de febreiro levamos a cabo o festival de entroido, no que poidemos lucir os disfraces que levábamos preparando dende fai unhas semanas. A maior parte foron realizados con materiais de refugallo:

A mañá comezou cun pequeno desfile das escolas co que recibimos as familias, para despois continuar coa obra de teatro que tiñamos preparada “O monte de Anllóns”. Obra coa cal traballamos a temática propia deste ano no Proxecto de Voz Natura: a reforestación dos bosques.

Como ben indica o título, a obra desenvólvese nun monte cercano as nosas escolas e por iso ambientamos todo o local con esta temática.

Os personaxes da obra eran os propios nenos das unitarias, por iso había unha variedade moi grande de disfraces:

Os nenos da Unitaria de Campara eran os soles que daban luz e vida a este lugar:

A Unitaria de Ponteceso convertíuse nun lindo monte cheo de abetos:

Nesas árbores vivían moitos paxariños, os cales eran interpretados polos nenos da Unitaria de Brántoas:

O monte de Anllóns era atravesado por un río no que xogaban as fadas do lugar (Unitaria de Barizo):

Tamén había varios poblados de gnomos (Unitaria de Tella e Pazos):

Había moita diversidade de flora, nos que destacaban uns fermosos cogumelos interpretados polos nenos da Unitaria de Mens:

Este lugar era visitado por uns despistados excursionistas (Unitaria de Xornes) que ao querer facer un bo churrasco prenderon lume a todo o monte:

Menos mal que alí estaban os bombeiros da Unitaria de Tallo para salvar este fermoso lugar:

Os profes tamén formaban parte de toda esta trama e por iso tamén realizaron diferentes papeis dentro da obra: nubes, lume, lúa…

Se vos apetece pasar un bo rato non vos perdades este vídeo de toda a obra:

(Debido ao seu peso estamos pendentes de editalo, en breve poderedes disfrutar de esta obra. Disculpade as molestias).

Despois diste espectáculo chegou Camifuco, un rato moi simpático que nos visita a miúdo. Este día contounos unha historia duns pequenos ratiños moi divertida! que ben o pasamos!

Despois de tanta troula chegou o momento da merenda a cal correu a conta das familias, que elaboraron diferentes larpeiradas de entroido.

A festa rematou con música típica destas datas coa que bailamos moito!

A continuación adxuntamos un vídeo para que poidades ver as fotos desta divertida festa:

Untitled from VozNaturaCRAPonteceso on Vimeo.

Por certo, saímos no xornal desta comarca!! a verdade é que con todo o que traballaron estos nenos para a obra… non podía ser menos! :)

http://www.lavozdegalicia.es/video/carballo/2012/02/16/festival-craneo-ponteceso/00311329398014779118487.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2012/02/17/ninos-ponteceso-hicieron-bosque-aprender/0003_201202C17C12992.htm

E tamén nun xornal da nosa comunidade!!:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/02/20/carnaval-voz-natura-recrea-vida-bosque/0003_201202G20P27991.htm

Coma tódolos anos a festa celebrouse no local da casa de veciños de O Couto a quenes lles damos as gracias unha vez máis.

Febreiro 28, 2012 | 6 Comentarios  

DÍA DA PAZ 30.01.12

CRA PONTECESO

Este ano para celebrar o Día da paz traballamos coa obra “El gallo” de Miró. Para iso, os raparigos e raparigas do CRA realizaron durante esa semana uns pequenos “Mirós” con material de refugallo:

Ademáis o día 30 de xaneiro realízáronse pequenas convivencias entre as diferentes unitarias nas que se levaron a cabo diferentes actividades. A continuación amosámosvos o fermoso vídeo realizado polos nenos da Unitaria da Campara, así como o colorido mural feito entre os nenos de Tella, Brántoas e Pazos:

Febreiro 28, 2012 | Deixe un comentario  

FACEMOS PAPEL DE RECICLAXE:

CRA PONTECESO

Nestas últimas semanas, na Unitaria de Ponteceso aproveitaron todo o papel de refugallo xerado durante o primeiro trimestre para crear uns osiños moi bonitos.
Para iso seguiron un longo proceso que durou toda unha semana: triturar os papeis, mezclalos con auga quente, volvelos a triturar, escurrilos e votar a mezcla nos moldes.
Despois, deixaron secar os osiños no seu molde durante uns días para finalmente pintalos.
O resultado foi unhas figuriñas moi bonitas. A continuación amosámosvos un vídeo de todo o proceso:

Untitled from Rosa Barreiro on Vimeo.

Febreiro 23, 2012 | Deixe un comentario