Daily Archives: 22/01/2012

REFORESTAMOS OS PATIOS DAS UNITARIAS COS ABETOS DO NADAL:

Unha vez pasadas as festas do Nadal chegou o momento de retirar das escolas os adornos feitos antes das vacacións, entre eles os abetos.

Este ano, como os abetos eran naturais, decidimos transpantalos para os patios das escolas  e aprender así tanto o proceso de reforestación coma a forma de vida e coidados das árbores.

Esta actividade tivo moi boa aceptación polos raparigos das escolas, os cales colaboraron con moito entusiasmo.

A continuación, adxuntamos un vídeo de todo o proceso de plantación dos abetos (canción “A ecoloxista” do disco Estiñada, Grupo Ledicia):

Untitled from VozNaturaCRAPonteceso on Vimeo.

EXPLORANDO O RÍO MANDEO:

Ao finalizar cada trimestre sempre realizamos unha saída entre os alumnos de todo o CRA. Diste xeito, o pasado mes de novembro fomos de excursión ao Río Chelo. Así, poidemos coñecer a zona durante a estación do outono, observamos as cores das árbores, a fauna do río (troitas, salmóns, Corvo Mariño…), etc.

Deixámosvos un vídeo que resume esta saída (Música Tradicional Irlandesa; Tail Jig):

Untitled from VozNaturaCRAPonteceso on Vimeo.