Daily Archives: 16/01/2012

A UNITARIA DE BRÁNTOAS REALIZA A VENDIMA:

Como xa é habitual nesta unitaria, o pasado mes de setembro os alumnos de Brántoas realizaron a vendima. Para iso, recibiron con entusiasmo a pequenos axudantes doutras escolas: Pazos e Campara.

A convivencia deste día comezou cunha pequena explicación, moi divertida, de como é o proceso de recollida das uvas, e a elaboración e embotellado do viño.

Despois de realizar esta asamblea tan amena comezamos o proceso de elaboración do viño. Non vos perdades o seguinte vídeo que resume esta divertida convivencia!!. (Canción “Vendima”, do disco 13 Lúas).

Untitled from Rosa Barreiro on Vimeo.

Así, deste xeito, aprendimos o uso que se lle da a este froito de outono, ademáis de coñecer outro dos traballos tradicionais da nosa terra.