ROMARÍA DE SAN FINS DO CASTRO:

No mes de novembro invitáronnos á romaría de San Fíns do Castro (Cabana de Bergantiños) que é  coñecida pola súa fonte máxica (que elimina as verrugas despois de lavalas na fonte cun pano branco, o pano déixase a secar e unha vez seco as verrugas desaparecen). E alí fomos a comprobalo…

A continuación, deixámosvos un vídeo (pinchade sobre o seguinte enlace) para que observedes o ben que o pasamos ese día (Música; “San Fíns” do grupo Malvela):

Untitled from Rosa Barreiro on Vimeo.

7 Responses

Write a Comment»
  1. Que ben o pasamos ese día!

    1. A verdade é que foi unha saída moi divertida, tanto para os nenos coma para os profesores, solo hai que ver as caras de todos os que saímos no vídeo…

      1. E ver a todos así vestidos… era moi simpático! 🙂

    2. O 1 de Agosto estaremos alí de novo!! 😀

  2. Moitas gracias a toda esta xente que, coma vós, preocúpase de que os nenos coñezan a nosa cultura e non se perdan así as nosas tradicións.
    Noraboa por este traballo!

    1. Graciñas polas túas palabras. Aconsellámosche que sigas este blogue de cerca xa que transmitir estes valores forma parte do día a día.

  3. Moitísimas grazas a Almudena por preparar este video que recolle a experiencia da Romaría de San Fins, tan cercana a todos e onde aprendimos moitas cousas divertíndonos…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *