Daily Archives: 11/01/2012

ROMARÍA DE SAN FINS DO CASTRO:

No mes de novembro invitáronnos á romaría de San Fíns do Castro (Cabana de Bergantiños) que é  coñecida pola súa fonte máxica (que elimina as verrugas despois de lavalas na fonte cun pano branco, o pano déixase a secar e unha vez seco as verrugas desaparecen). E alí fomos a comprobalo…

A continuación, deixámosvos un vídeo (pinchade sobre o seguinte enlace) para que observedes o ben que o pasamos ese día (Música; “San Fíns” do grupo Malvela):

Untitled from Rosa Barreiro on Vimeo.