Monthly Archives: Xaneiro 2012

REFORESTAMOS OS PATIOS DAS UNITARIAS COS ABETOS DO NADAL:

Unha vez pasadas as festas do Nadal chegou o momento de retirar das escolas os adornos feitos antes das vacacións, entre eles os abetos.

Este ano, como os abetos eran naturais, decidimos transpantalos para os patios das escolas  e aprender así tanto o proceso de reforestación coma a forma de vida e coidados das árbores.

Esta actividade tivo moi boa aceptación polos raparigos das escolas, os cales colaboraron con moito entusiasmo.

A continuación, adxuntamos un vídeo de todo o proceso de plantación dos abetos (canción “A ecoloxista” do disco Estiñada, Grupo Ledicia):

Untitled from VozNaturaCRAPonteceso on Vimeo.

EXPLORANDO O RÍO MANDEO:

Ao finalizar cada trimestre sempre realizamos unha saída entre os alumnos de todo o CRA. Diste xeito, o pasado mes de novembro fomos de excursión ao Río Chelo. Así, poidemos coñecer a zona durante a estación do outono, observamos as cores das árbores, a fauna do río (troitas, salmóns, Corvo Mariño…), etc.

Deixámosvos un vídeo que resume esta saída (Música Tradicional Irlandesa; Tail Jig):

Untitled from VozNaturaCRAPonteceso on Vimeo.

A UNITARIA DE BRÁNTOAS REALIZA A VENDIMA:

Como xa é habitual nesta unitaria, o pasado mes de setembro os alumnos de Brántoas realizaron a vendima. Para iso, recibiron con entusiasmo a pequenos axudantes doutras escolas: Pazos e Campara.

A convivencia deste día comezou cunha pequena explicación, moi divertida, de como é o proceso de recollida das uvas, e a elaboración e embotellado do viño.

Despois de realizar esta asamblea tan amena comezamos o proceso de elaboración do viño. Non vos perdades o seguinte vídeo que resume esta divertida convivencia!!. (Canción “Vendima”, do disco 13 Lúas).

Untitled from Rosa Barreiro on Vimeo.

Así, deste xeito, aprendimos o uso que se lle da a este froito de outono, ademáis de coñecer outro dos traballos tradicionais da nosa terra.

UN FAISÁN VISITA A ESCOLA DE BARIZO!:

A comezos do mes de decembro apareceu voando, no patio da Unitaria de Barizo, un Faisán (femia) moi bonito. Seguemos a espera da súa volta…

NA CAMPARA PLANTAMOS CASTAÑAS!:

Os nenos e nenas da Unitaria de A Campara aproveitaron a época do magosto para plantar algunhas castañas. Recolleron un pouco de terra do patio onde atoparon unha lombríz, que tamén deixaron na maceta para que osixenase a terra.
Nas fotos que deixamos a continuación pódese ver todo o proceso.
.

ROMARÍA DE SAN FINS DO CASTRO:

No mes de novembro invitáronnos á romaría de San Fíns do Castro (Cabana de Bergantiños) que é  coñecida pola súa fonte máxica (que elimina as verrugas despois de lavalas na fonte cun pano branco, o pano déixase a secar e unha vez seco as verrugas desaparecen). E alí fomos a comprobalo…

A continuación, deixámosvos un vídeo (pinchade sobre o seguinte enlace) para que observedes o ben que o pasamos ese día (Música; “San Fíns” do grupo Malvela):

Untitled from Rosa Barreiro on Vimeo.