O RÍO ANLLÓNS:

Nas ribeiras do Río Anllóns medra unha estreita banda de árbores que forman os bosques da ribeira. Cumpren un papel ecolóxico fundamental para axudar a conservar os nosos ríos e a súa diversa flora e fauna. Estes bosques tamén diversifican a paisaxe, ofrécenos distintos aproveitamentos e servizos, filtran as augas contaminantes e forman un corredor natural que facilita a dispersión de especies.

No río existe moita diversidade de vida, interrelacionada e sustentada polo bosque de ribeira. Todas estas especies teñen unha importante función no ecosistema, asegurando o seu equilibrio.

Adxuntamos un enlace da galería de fotos, sobre o Río Anllóns, da web do concello de Ponteceso:

http://www.ponteceso.net/ca/turismo/index.php?mod=int&tip=9&lug=60&gal=1

4 Responses

Write a Comment»
  1. Parabens polo bo comezo do blogue… Anllóns arteria desta nosa comarca, ten un ecosistema fluvial moi rico, pero tamén descoñecido para a grande maioria do povo, orquídeas, dentóns, invertebrados… Dar a coñecer o noso patrimonio natural é unha obriga coma a de outros coñecementos que se adeprenden na escola. Ben seguro que o ríu (así é como lle chaman algúns vellos) e o meio natural o agradecerán.
    Un saúdo.

    1. Grazas por darnos a benvida ao blogue! Como tí ben dis, dado o rico patrimonio natural e cultural que existe nesta terra, temos a obriga de transmitirlles estes coñecementos aos raparigos e raparigas das nosas aulas por iso intentaremos tamén compartilo có resto da comunidade a través desde blogue. Graciñas!

  2. SOMOS OS NENOS E NENAS DE BRANTUAS E GUSTOUNOS MOITO O VIDEO DE SAN FINS PORQUE
    TEN UNHA MÚSICA MOI GUAI E AS FOTOS DO TREN , CASTAÑAS…

    1. MOITAS GRAZAS A ESTES NENOS DE BRÁNTOAS QUE TEÑEN ANSIA DE REVISAR O BLOGUE DIARIAMENTE E DEIXARNOS COMENTARIOS!!! SABEMOS QUE ESTÁN APRENDENDO A ESCRIBIR E POR ISO VALORAMOS MOITO ESTAS PALABRAS.
      O VINDEIRO VÍDEO QUE FAGAMOS TÉMOSLLE QUE POÑER UNHA CANCIÓN CANTADA POR VÓS 😀
      MOITAS GRAZAS CHIC@S!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *