SOMOS O CRA NOSA SEÑORA DO FARO!:

Somos o CRA NOSA SEÑORA DO FARO, situado en plena Costa da Morte.

O noso Centro está formado por 9 escolas unitarias distribuidas por pequenas aldeas dos concellos de Malpica e Ponteceso: Xornes, Pazos, Tallo, Tella, Ponteceso, Brántoas, Campara, Mens e Barizo. Temos escolarizados a alumnos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria (entre 3 e 7 anos).

Traballamos e participamos no Proxecto Voz Natura dende a primeira edición, e xa levamos 14!! máis nunca nos animáramos a crear un blog específico para todas as actividades que levamos a cabo na aula, relacionadas có medio ambiente.

Este ano animámonos a facelo para que todos aqueles que se sintan interesados nestas tarefas poidan coñecer as actividades que elaboramos en relación á deforestación dos bosques, plantación de árbores, arbustos…, coidado e mantemento de espazos verdes, reciclaxe, fomento de aforro da auga, etc.

Finalmente dicir que, emprendemos este blog con moita ilusión e esperamos que disfrutedes tanto del coma nós o vamos facer.

2 Responses

Write a Comment»
  1. Boas a todas e a todos!! Parabéns polo blog recentemente iniciado. Xa ía sendo hora que plasmásedes o voso traballo para que os vise o resto do mundo, je, je!! Estou á espera de ver máis cousiñas interesentes e seguirvos, así, a pista!! Un biquiño para todos e un moi especial para os peques de Xornes!! Rebe

    1. Ola Rebe!!! gracias polos parabéns!! xa colgaremos algún dos traballos feitos por tí o pasado curso, non te preocupes! jeje. Así poderás ver como medrou o carballo que plantastedes en Xornes. Esperamos a túa visita!! bks

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *