SANDÍA ECOLÓXICA

No colexio comemos unha sandía ecolóxica.

Estaba deliciosa!

E recollemos as pepitas para plantalas o ano que ven, na nosa horta.

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

PIPAS DE XIRASOL

Dos xirasois que plantamos o ano pasado recollemos estas pipas que probamos no colexio.

Os compañeiros e compañeiras de Pesqueiras tamén lle queren dar as grazas polo agasallo que recibiron dos seus compañeiros de A Vesada o curso pasado.

Grazas ás plantiñas de xirasol que nos deron, poidemos comprobar como crecen.

CURSO 2017-2018                                                                          CURSO 2018-2019

Un bico grande para os compañeiros que xa están no cole dos maiores.

 

 

 Recollemos as pipas nunhas bolsiñas de papel para tostalas na casa.

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

COMEDEIROS PARA PAXAROS

Con botellas de plástico reutilizadas, construímos comedeiros para paxaros. Ímolos colgar das árbores do noso patio do recreo.

E nós, convertémonos, en trasnos do Outono. 

Publicado en Actividades do Outono, Reciclaxe | Deja un comentario

O OUTONO

Coas follas do Outono estamos aprendendo moitas cousas: simetrías, cores, formas, medidas ( grande, pequeno, metade ) cantidades (moitas, poucas, ningunha ), xogamos a contalas, clasificámolas pola forma e a cor.

Publicado en Actividades do Outono | Deja un comentario

TRAGAMEDOS.

No tempo de Samaín aproveitamos para traballar a emoción do MEDO.

Fixemos, cunha caixa de cartón, un tragamedo.

E, nunha folla, debuxamos os nosos medos.Tiña moita fame porque os comeu todos.

O noso tragamedos  tamén tiña moita fame porque os papou todos tamén!

 

Publicado en Reciclaxe | Deja un comentario

ADORNOS TERRORÍCOS

Aproveitando o froito da árbore do noso patio, que é un platanero de sombra, decidimos decorar a porta da escola con arañas para o Samaín.

  

Con limpiapipas marróns fixemos as patas. E a porta quedounos moi terrorífica.

 

Publicado en Actividades do Outono | Deja un comentario

É TEMPO DE SAMAÍN E MAGOSTOS

Esta é a nosa primeira colleita de cabazas na nosa escola, estivemos coidándolas para que cando chegara o Samaín as puidéramos decorar.

Mirade, quedaron chulísimas!

 As demais aulas tamén estivemos preparando as cabazas para amedrentar os malos espiritos.   

E fixemos porta castañas, con cartóns de leite que os transformamos en terroríficos.

 

E con botellas de plástico

Pasámolo moi ben, moitas gracias a ANPA porque sin a vosa axuda estas festas non se poderían facer así. 

Publicado en Actividades do Outono, Reciclaxe | Deja un comentario

RECOLECTAMOS A NOSA LAVANDA

 

A finais do mes pasado recollimos a lavanda, e a secamos, e agora xa está lista para que o noso armario cheire ben…

  

   

Xa sabemos cómo cheira, e aúns gústanos mais ca outros.

Pensamos en facerlle uns saquiños con sobres de papel, para levala a casa e nos quedaron así de bonitos.

 

Publicado en Actividades do Outono, Hortiñas | Deja un comentario

BENVIDO SEÑOR OUTONO

Dende a escola de Corzáns damoslle a benvida ao señor Outono.

Fixemos unha manualidade con rolos de papel hixiénico.

Esperamos que vos guste. 

Publicado en Actividades do Outono, Reciclaxe | Deja un comentario

RECOLLENDO PATACAS

O curso pasado sementamos patacas, pero cando marchamos de vacacións,  aínda non era tempo da súa colleita polo que algúns compañeiros e compañeiras quedaron encargados de recollelas no verán, e de contarnos o ben que o fixeron.

E estas son as fotos que lle axudaron a contarnos a colleita de patacas.

 

 

 

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario