EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Este curso imos ser científicos e para empezar coas nosas observación e experimentos fixamos a nosa atención na auga do cangrexo do noso patio.

Cando saímos ao recreo botamos unhas follas a  auga do cangrexo e xogamos a pescalas cun pau. Ao día seguinte quixemos repetir o mesmo xogo pero…

Non poidemos, a auga non estaba, había xeo e o rompimos entre todos. A auga estaba moi fría.

Queríamos saber se toda a auga se conxelaba ou solo era a do noso cangrexo. Polo que deixamos duas potas dos xoguetes da nosa cociña cun pouco de auga no patio.

Ao día seguinte

Podíamos darlle a volta as potas que non caía a auga… Estaba tamén xelada. Seguimos investigando e as puxemos no radiador da clase.

  

Xa sabemos que según sexa a temperatura da auga podemos ter xeo ou auga.

 

Publicado en Actividades do inverno | Deja un comentario

CON R DE REUTILIZAR

Un dos nosos obxectivos deste curso é non esquecer as 3R polo que  os xornais que tiñamos vellos os reutilizamos.

Fixemos triángulos cos xornais e os pintamos de verde para facer as árbores, e con témpera blanca fixemos a neve.

  

E así de chulas nos quedaron as paisaxes que fixemos do inverno

Este ano, os Reis Magos tamén nos deixaron unha sorpresa, utilizaron os xornais vellos que tiñamos para envolver os agasallos.

 

  

 

Publicado en Reciclaxe | Deja un comentario

ADORNOS PARA O NADAL.

Este ano, coas follas do outono do noso patio estamos a facer os adornos para a árbore de Nadal.

Primeiro escollimos a folla que mais nos gustaba

Despois as secamos entre xornais uns días con libros por riba para que quedaran estiradas.

E despois as pintamos con témpera de cores. Cando se secaron,  botamoslle purpurina.

E este foi o resultado

Publicado en Actividades do inverno | Deja un comentario

CASTAÑAS ASADAS

Nestes días estamos traballando os froitos de Outono, e hoxe toca merendar no colexio castañas asadas.


Que ricas que están!

Publicado en Actividades do Outono | Deja un comentario

SANDÍA ECOLÓXICA

No colexio comemos unha sandía ecolóxica.

Estaba deliciosa!

E recollemos as pepitas para plantalas o ano que ven, na nosa horta.

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

PIPAS DE XIRASOL

Dos xirasois que plantamos o ano pasado recollemos estas pipas que probamos no colexio.

Os compañeiros e compañeiras de Pesqueiras tamén lle queren dar as grazas polo agasallo que recibiron dos seus compañeiros de A Vesada o curso pasado.

Grazas ás plantiñas de xirasol que nos deron, poidemos comprobar como crecen.

CURSO 2017-2018                                                                          CURSO 2018-2019

Un bico grande para os compañeiros que xa están no cole dos maiores.

 

 

 Recollemos as pipas nunhas bolsiñas de papel para tostalas na casa.

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

COMEDEIROS PARA PAXAROS

Con botellas de plástico reutilizadas, construímos comedeiros para paxaros. Ímolos colgar das árbores do noso patio do recreo.

E nós, convertémonos, en trasnos do Outono. 

Publicado en Actividades do Outono, Reciclaxe | Deja un comentario

O OUTONO

Coas follas do Outono estamos aprendendo moitas cousas: simetrías, cores, formas, medidas ( grande, pequeno, metade ) cantidades (moitas, poucas, ningunha ), xogamos a contalas, clasificámolas pola forma e a cor.

Publicado en Actividades do Outono | Deja un comentario

TRAGAMEDOS.

No tempo de Samaín aproveitamos para traballar a emoción do MEDO.

Fixemos, cunha caixa de cartón, un tragamedo.

E, nunha folla, debuxamos os nosos medos.Tiña moita fame porque os comeu todos.

O noso tragamedos  tamén tiña moita fame porque os papou todos tamén!

 

Publicado en Reciclaxe | Deja un comentario

ADORNOS TERRORÍCOS

Aproveitando o froito da árbore do noso patio, que é un platanero de sombra, decidimos decorar a porta da escola con arañas para o Samaín.

  

Con limpiapipas marróns fixemos as patas. E a porta quedounos moi terrorífica.

 

Publicado en Actividades do Outono | Deja un comentario