APAÑANDO MOROTES

No patio de Arantei atopamos morotes 

Deliciosos

Agora que xa sabemos onde están imos ter coidado deles para ter máis.

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

EMPEZAMOS A PLANTAR

É tempo de empezar a plantar e un ano mais, preparámonos para coñecer mais a fondo a natureza.

En primeiro lugar quería agradecerlles as familias  a súa colaboración xa que sen a súa axuda moitas destas actividades non se poderían levar a cabo, e cunha mención en especial a avoa de Irene da escola de Arantei que nos axudou a transmitir o respeto pola natureza e o coidado da terra.

 

PREPARADOS PARA TRABALLAR

 

Plantamos amorodos, leitugas, chícharos, patacas e cabazas.

Lista! e con espantallo e todo!

En Pesqueiras tamén empezaron a plantar na súa horta. Plantaron amorodos e cenoiras.

Preparamos a terra para as cenorias que este ano ímolas plantar en xardineras.

Son moi diferentes aos amorodos.

Xa estamos feitos uns expertos e podemos axudar aos compañeiros e compañeira de 3 anos.

Primeiro preparamos a terra.

Despois sacámolas dos potes.

Plantámolas. 

Regámolas.

E a esperar que quente o sol para que medren e as poidamos comer.

 

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

BENVIDA PRIMAVERA

Xa chegou a primavera e as aulas  do CRA preparánse para recibila.

Na aula de Corzáns fixeron unhos lapiceros  con rolos de papel hixiénico que son unhas bonitas bolboretas. 

Na aula de Oleiros estamos a preparar o noso mural da primavera e fixemos flores con tapóns de plástico.

Na aula de A Vesada fixemos  flores con a noso foto empregando botellas de plástico recicladas.

Na aula de Pesqueiras dímonos conta que o trasno floriñas da primavera xa chegou ao noso patio.

O rodroendo xa ten flores

E as azaleas tamén

e as surfinia

Os amorodos tamén teñen moitas flores

Que despois converteranse en froito

Publicado en Actividades de primavera, Reciclaxe | Deja un comentario

PREPARANDO AS HORTIÑAS

As escolas de Pesqueiras e Corzán estamos a aproveitar estes días de bo tempo para comezar a preparar as nosas hortiñas.

       

BO TRABALLO!

Grazas ao noso invernadeiro e as familias que  regaron este verán, temos moitos amorodos que sobreviviron ao inverno. sacámoslle as malas herbas e as follas secas.

Nos aros imos a plantar leitugas. Pero xa saben que antes temos que preparar a terra.

Publicado en Hortiñas | Deja un comentario

TRABALLAMOS A ROSALÍA

Este ano, para conmemorar o día de Rosalía, fixemos un moucho con rolos de papel hixiénico porque traballamos a canción Eu ben vin estar o moucho baseado nun poema de Rosalía.

Publicado en Celebracións, Reciclaxe | Deja un comentario

AS CORES DO INVERNO

Mesturando cores e aproveitando os  rolos de papel hixiénico descubrimos as cores do inverno.

Publicado en Actividades do inverno | Deja un comentario

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Este curso imos ser científicos e para empezar coas nosas observación e experimentos fixamos a nosa atención na auga do cangrexo do noso patio.

Cando saímos ao recreo botamos unhas follas a  auga do cangrexo e xogamos a pescalas cun pau. Ao día seguinte quixemos repetir o mesmo xogo pero…

Non poidemos, a auga non estaba, había xeo e o rompimos entre todos. A auga estaba moi fría.

Queríamos saber se toda a auga se conxelaba ou solo era a do noso cangrexo. Polo que deixamos duas potas dos xoguetes da nosa cociña cun pouco de auga no patio.

Ao día seguinte

Podíamos darlle a volta as potas que non caía a auga… Estaba tamén xelada. Seguimos investigando e as puxemos no radiador da clase.

  

Xa sabemos que según sexa a temperatura da auga podemos ter xeo ou auga.

 

Publicado en Actividades do inverno | Deja un comentario

CON R DE REUTILIZAR

Un dos nosos obxectivos deste curso é non esquecer as 3R polo que  os xornais que tiñamos vellos os reutilizamos.

Fixemos triángulos cos xornais e os pintamos de verde para facer as árbores, e con témpera blanca fixemos a neve.

  

E así de chulas nos quedaron as paisaxes que fixemos do inverno

Este ano, os Reis Magos tamén nos deixaron unha sorpresa, utilizaron os xornais vellos que tiñamos para envolver os agasallos.

 

  

 

Publicado en Reciclaxe | Deja un comentario

ADORNOS PARA O NADAL.

Este ano, coas follas do outono do noso patio estamos a facer os adornos para a árbore de Nadal.

Primeiro escollimos a folla que mais nos gustaba

Despois as secamos entre xornais uns días con libros por riba para que quedaran estiradas.

E despois as pintamos con témpera de cores. Cando se secaron,  botamoslle purpurina.

E este foi o resultado

Publicado en Actividades do inverno | Deja un comentario

CASTAÑAS ASADAS

Nestes días estamos traballando os froitos de Outono, e hoxe toca merendar no colexio castañas asadas.


Que ricas que están!

Publicado en Actividades do Outono | Deja un comentario