SEGUIMOS REUTILIZANDO

Estamos a preparar a escola de Arantei para a  primavera.

Con rolos de cartón fixemos unhas flores moi coloridas para o noso mural, e as tapas dos botes usados son perfectos para botar a pintura e mollar o pincel.

                                   

Coa mesma técnica na escola de Pesqueiras estan a facer unhas flores nunha maceta aínda non están rematadas pero para que teñades outra forma de realizar a actividade.

Pintamos os rolos e despois un se corta para os pétalos e o outro se reserva para a maceta.

Pegamos os pétalos o redor dunha bola de papel de seda como maís nos gusten.

Enchemos os pétalos con papel de seda e decoramos as macetas.

 

Esta entrada fue publicada en Actividades de primavera, Reciclaxe. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *