EMPEZAMOS A PLANTAR

É tempo de empezar a plantar e un ano mais, preparámonos para coñecer mais a fondo a natureza.

En primeiro lugar quería agradecerlles as familias  a súa colaboración xa que sen a súa axuda moitas destas actividades non se poderían levar a cabo, e cunha mención en especial a avoa de Irene da escola de Arantei que nos axudou a transmitir o respeto pola natureza e o coidado da terra.

 

PREPARADOS PARA TRABALLAR

 

Plantamos amorodos, leitugas, chícharos, patacas e cabazas.

Lista! e con espantallo e todo!

En Pesqueiras tamén empezaron a plantar na súa horta. Plantaron amorodos e cenoiras.

Preparamos a terra para as cenorias que este ano ímolas plantar en xardineras.

Son moi diferentes aos amorodos.

Xa estamos feitos uns expertos e podemos axudar aos compañeiros e compañeira de 3 anos.

Primeiro preparamos a terra.

Despois sacámolas dos potes.

Plantámolas. 

Regámolas.

E a esperar que quente o sol para que medren e as poidamos comer.

 

Esta entrada fue publicada en Hortiñas. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *