No estado de Gujarat localizado no oeste da India.
Preme na imáxe para ampliar a información.
Grazas a Carlos e Araceli (os papás de Pablo), que nos prestaron diferentes esencias, puidemos realizar un xogo moi entretido…
Xogamos a recoñecer aromas de plantas aromáticas…
Esencia de menta piperita…
Esencia de lavandín…
Esencia aromática de rosas…
Esencia de miel…
Esencia de geranio…
Este xogo resultou moi entretido e didáctico, pois puidemos poñer a proba o noso olfato para localizar a planta que proporcionou a esencia…
Aproveitando os restos de virutas das pinturas de cores e os tapóns de plástico, os nenos/as do BOSQUE DAS CORES elaboraron unha maceta con flor para adornar a aula.
Hoxe os nenos/as do BOSQUE DOS SONS xogaron ao TRIVIAL XIGANTE DE SOGAMA.
O xogo dos residuos posibilitou que, dunha forma lúdica, divertida e entretida, os escolares tamén aprenderan e se conciencien sobre a necesidade de responsabilizarse dos refugallos que producen día a día.
120 preguntas puxeron a proba os coñecementos dos cativos sobre as tres erres e a actividade de Sogama, á vez que se lles axudou a resolver moitas dúbidas en torno aos mecanismos da recollida selectiva, clarificando o que debe e non debe depositarse en cada contedor. Só así se facilitará a reciclaxe da maior porcentaxe de materiais posible e lograrase un importante aforro de enerxía e de materias primas, posibilitando que á infraestrutura industrial cercedense unicamente chegue, a través dos contedores xenéricos, a parte non reciclable do lixo, onde se converte, con todas as garantías medioambientais, en enerxía eléctrica.
Lápis, bolígrafos de cartón reciclado, minicontedores ,… conformaron algúns dos agasallos que recibiron os rapaces que esta mañá xogaron co Trivial de Sogama.
Os nenos e nenas do “Bosque dos olores” construíron unha estufa solar con materiais RECICLADOS moi sinxelos para empezar a desfrutar dos beneficios da enerxía solar…

Empregaron cartón e papel de alumnio…


Aproveitaron o calor obtido para quentar leite con chocolate, ummmmmm…que boa pinta!



Coa chegada da primavera os nosos bosques énchense de cores…
…verdes, azuis, amarelos, morados, brancos, laranxas, rosas, vermellos… enchen tamén o noso “particular” “BOSQUE DAS CORES”…
Os nenos/as do BOSQUE DAS CORES continúan aprendendo moitas cousas sobre os bosques…
Un estudo mostra a clasificación dos países que manteñen as mellores condicións ambientais do planeta. Sabes que posto ocupa España?
Preme na imáxe para ampliar a noticia.