O TRIVIAL XIGANTE DE SOGAMA CHEGOU AO NOSO BOSQUE ENCANTADO.

Hoxe os nenos/as do BOSQUE DOS SONS xogaron ao TRIVIAL XIGANTE DE SOGAMA.

O xogo dos residuos posibilitou que, dunha forma lúdica, divertida e entretida, os escolares tamén aprenderan e se conciencien sobre a necesidade de responsabilizarse dos refugallos que producen día a día.

120 preguntas puxeron a proba os coñecementos dos cativos sobre as tres erres e a actividade de Sogama, á vez que se lles axudou a resolver moitas dúbidas en torno aos mecanismos da recollida selectiva, clarificando o que debe e non debe depositarse en cada contedor. Só así se facilitará a reciclaxe da maior porcentaxe de materiais posible e lograrase un importante aforro de enerxía e de materias primas, posibilitando que á infraestrutura industrial cercedense unicamente chegue, a través dos contedores xenéricos, a parte non reciclable do lixo, onde se converte, con todas as garantías medioambientais, en enerxía eléctrica.

Lápis, bolígrafos de cartón reciclado, minicontedores ,… conformaron algúns dos agasallos que recibiron os rapaces que esta mañá xogaron co Trivial de Sogama.

Esta entrada fue publicada en NUESTRO BOSQUE ENCANTADO. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>