A CHOIVA NON PUIDO COA SOLIDARIEDADE!
III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA!!!!
Por terceiro ano consecutivo o 17 DE MAIO(“DÍA DAS LETRAS GALEGAS”)o COLEXIO CERVANTES organiza unha CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA.

RECIBIMOS UNHA CARTA MOI ESPECIAL!
O PASADO DÍA 22, “DÍA MUNDIAL DE LA TIERRA” recibimos una carta muy especial…

Despois de leela fíxonos reflexionar sobre os nosos comportamentos e decidimos compartila co resto de compañeiros e compañeiras do cole.


XA PODEDES APUNTARNOS Á “III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA”!!
Un ano máis o COLEXIO CERVANTES está organizando a “III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA”.

E este ano contamos co apoio do CD LUGO para promocionar a nosa carreira.


ANIMÁDEVOS!
ENERXÍA NAS AULAS!
O obradoiro itinerante de ENDESA EDUCA traeu o mundo da electricidade aos alumnos de Primaria do noso cole.
Os nenos/as entraron en contacto co mundo da enerxía mediante unha serie de experimentos de maneira directa e tanxíbel, reforzando así os conceptos aprendidos na clase.
Sen deixar de aprender dun xeito lúdico, os alumnos poderon probar como funciona un colector solar…
ou unha cociña solar …
e como se xera electricidade mediante un aeroxerador e un panel fotovoltaico, entre outros.
O obxectivo da actividade é dar unha visión completa do valor e o uso da enerxía e que os estudantes poidan manipular axeitadamente estes conceptos.
OS MÁIS PEQUES APRENDEN CON “GOTTI”!
O SEPRONA VISITA O NOSO COLE!
Os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria do noso cole foron os primeiros en recibir a visita dos axentes do SERVICIO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA DA GARDA CIVIL(SEPRONA).
Os axentes acudiron ao noso cole co fin de concienciar aos nosos alumnos/as sobre as consecuencias dos lumes forestais nos ecosistemas galegos, ofrecéndolles recomendacións útiles sobre a prevención dos incendios.
ACHEGÁMONOS Á NATUREZA…


Onte tivo lugar no colexio unha conferencia sobre FUNGOS MEDICINAIS, organizada pola ANPA e levada a cabo pola sociedade micolóxica lucus.
JULIÁN ALONSO, veterinario, doutor en Bioloxía e presidente da Asociación Micolóxica Lucus de Lugo, foi o encargado de impartir unha charla no noso cole sobre as múltiples propiedades e usos medicinais que teñen os fungos.




DESFILE DE COMPARSAS DE ENTROIDO!
Un ano máis, polo entroido, o noso cole encheuse de cores…
Coelliños, paiasos, faraóns, quenllas, vikingos, tunos, espantallos e ata fenómenos atmosféricos …
…todos realizados con materiais de refugallo(cartóns, papeis, bolsas,…).
*Podedes ver máis fotos aquí.




