Entradas etiquetadas como ‘VALORES’

Dando exemplo de Educación Ambiental: Limpeza na beira do río

Venres, Maio 6th, 2016

Como xa ben sendo tradición, dende fai 18 anos, os alumnos de 2º de ESO realizaron unha saída á Moscadeira para levar a cabo unha labor exemplarizante: a limpeza dun tramo do río Tea en Ponteareas.

Ataviados con luvas, sacos, carretas e, sobre todo, conscientes da importancia de loitar frente ao deterioro do medio natural, alumnos e profesores traballaron con entusiasmo recollendo diferentes tipos de refugallos que contaminaban a zona. Plásticos, latas de refresco, teas, redes, vidros, e ata unha xardiñeira cerámica e restos un inodoro foron parte do lixo recollido. A cantidade de desperdicios atopada sorprendeu aos alumnos e resultou a mostra evidente da “presión” que a actividade humana está a exercer nos sistemas fluviais.

Foi unha xornada moi educativa na que os alumnos sentíronse axentes activos na protección e o respecto polo noso planeta, e na que se convenceron de que todos podemos levar a cabo accións para frear o seu deterioro.

Para ver o álbume completo preme aquí.

 

Aitana poderá operarse

Martes, Abril 10th, 2012

Aitana poderá operarse.

Grazas a todos: alumnos, pais e profes por colaborar na recollida de tapóns dentro da campaña solidaria que levamos a cabo no cole.

Pagou na pena

Un ano máis, non nos esquecemos de limpar…

Martes, Abril 3rd, 2012

…e xa van uns cantos. Dende o ano 1999.

Desta volta fixémolo a finais de Marzo.

Como cada ano os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), dentro do proxecto “Voz Natura”.

Retiramos  o lixo depositado a beira do río, convencidos, concienciados e finalmente orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural.

Limpeza Tea 2012 Slideshow: Colexio’s trip to Ponteareas, Galicia, España was created by TripAdvisor. See another Ponteareas slideshow. Create your own stunning slideshow with our free photo slideshow maker.

Limpeza do río Tea

Venres, Maio 6th, 2011

Foi o pasado mes de abril. Un ano máis os alumnos e alumnas de 2º de ESO do noso colexio levaron a cabo a xornada de limpeza dun tramo do río Tea na Moscadeira (Ponteareas), encadrada no proxecto “Voz Natura”. Retiramos  todo aquel lixo que se foi depositando na súa ribeira e tamén no seu leito por descoido ou por mala fe de persoas con pouca ou ningunha sensibilidade cara o medioambiente. Ao remate, todos sentímonos orgullosos de contribuír a preservar o noso patrimonio natural

Limpeza do río Tea_2011 Slideshow: Colexio’s trip from, Galicia, España to Ponteareas was created by TripAdvisor. See another Ponteareas slideshow. Create your own stunning slideshow with our free photo slideshow maker.

O río Tea como recurso didáctico

Venres, Xaneiro 28th, 2011

O pasado martes aproveitando a estupenda tarde que tíñamos, fixemos (2 ESO) a primeira saída do ano 2011 ao río Tea. Nestas saídas realizamos as actividades programadas dentro do proxecto Voz Natura. Traballamos neste caso algúns conceptos de Física desenvolvidos no primeiro trimestre: movemento, desprazamento, traxectoria e velocidade aproveitando as posibilidades que neste sentido ofrece un curso de auga.  SE QUERES COÑECER MÁIS COUSAS DOS RÍOS GALEGOS PREME AQUI

Benvidos ao noso blog

Martes, Marzo 10th, 2009

Desde o Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas (Pontevedra) queremos darvos a benvida ao noso blog. Somos un centro que imparte Ed. Infantil, Ed. primaria e ESO, e estas tres etapas educativas traballan conxuntamente nun proxecto multidisplinar, que ten como base o traballo de HÁBITOS E VALORES POSITIVOS na EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Levamos participando desde a 3ª edición de Voz Natura. Nestes anos temos conseguido os seguintes RECOÑECEMENTOS:

  • Premio Provincial (Pontevedra) na 7ª edición. Curso (03/04):

Traballando hábitos e valores en educación ambiental

  • PREMIO GALICIA na 11ª edición. Curso (07/08):

¡Que gusto! Todo un lustro traballando hábitos e valores en educación ambiental

OS NOSOS OBXECTIVOS:

  1. Limpeza do noso entorno (ripisilva do río Tea e o noso centro)
  2. Estudo e conservación do noso entorno
  3. Adquisición de hábitos e valores positivos relacionados coa E. A.
ojd