Entradas etiquetadas como ‘separación de resíduos’

Reciclamos papel, logo aforramos auga

Mércores, Abril 27th, 2011

Logo dalgúns anos recuperando o papel de refugallo das aulas para a súa reciclaxe,  xa podemos facer balance dos beneficios medioambientais acadados. Chegamos aos 1.350 Kg de papel recollidos, con eles pódense fabricar unha tonelada de papel reciclado isto supón que:

  • Evitamos a tala de 17 árboles de 15 anos de idade.
  • Aforramos máis de 4.000 Kw/h de enerxía.
  • Deixamos de xerar 1.500 Kg de residuos.
  • Evitamos a emisión de substancias contaminantes a atmosfera.
  • Aforramos 20.000 L. de auga !!!

Enquisa sobre a reciclaxe no noso pobo

Venres, Marzo 13th, 2009

Os alumnos de 6º de Primaria realizarán unha enquisa entre os pontareáns sobre a separación de residuos nas casas.

Realizaranna á volta das vacacións de Semana Santa nas dúas prazas do pobo.

Compararemos os resultados obtidos cos resultados que xa temos das familias do noso centro.

 

Aprendendo a separar o lixo desde cativos

 

ojd