Entradas etiquetadas como ‘RECICLAXE’

Elaborando papel reciclado

Luns, Decembro 8th, 2014

Un ano máis os alumnos de 1º de ESO elaboran papel reciclado a partires, neste caso, de xornais usados na aula. En seguintes sesións realizarémolo coma sempre co papel depositado nos colectores das aulas.

 

Máis fotos neste ALBUM

MÚSICA @ RECICLAXE

Xoves, Marzo 20th, 2014

A importancia da reciclaxe e do bo uso dos materiais queda moi ben reflectida neste proxecto. Aínda que a construción de instrumentos só sexa un pequeno puntiño dentro dun inmenso mar, consideramos que imos moi ben encamiñados con este tipo de exercicios. Podemos facer esta afirmación porque os resultados obtidos son satisfactorios. Os nenos non só se divirten construíndo un instrumento, senón que a súa vez, están aprendendo a reciclar intelixentemente.

Podedes ver todas as fotos no  álbum.

Reutilizando, felicitámosvos o Nadal

Martes, Decembro 24th, 2013

Este ano, os pais e nenos de E. Infantil adornaron a árbore de Nadal con material de refugallo. Os materiais de partida foron os recipientes de plático de iogures e, a partires deles, agromou e grelou a creatividade: campás e bolas para a árbore e ata todos os persoaxes para o portal de Belén.

.

SAÚDE PARA O PLANETA E TODOS OS SEUS HABITANTES.

 

 

 

Charla sobre a separación do lixo

Xoves, Decembro 19th, 2013

Baixo o título: “Separemos ben, reciclaremos mellor”, os alumnos de 3º, 4º,  5º e 6º de Primaria, e de 2º ESO recibiron unhas charlas o pasado 17 de Decembro que tiveron como fin afianzar no coñecemento das regras das R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Reemplazar). Ase mesmo, lembraron o correcto uso que facemos dos distintos colectores de lixo.

https://plus.google.com/photos/106448770609519979604/albums/5959165472569009857

 

5’37 Kg de papel nun día

Venres, Novembro 22nd, 2013

Como en anos anteriores, os alumnos de 2º de ESO pesan o papel de desfeito das aulas varias veces ao mes para obtermos datos do papel total reciclado ao longo do ano (con parte deste papel fabricaremos o noso papel reciclado). Este ano escomenzaron cunha pequena experiencia piloto, calcular o papel recollido nun so día. O total foi 5’37 Kg.

Ben feito, 5’37 Kg que se reciclará, pero lembrade, tanto ou máis importante é REDUCIR e REUTILIZAR o papel que usamos.

 

Pesando o papel recollido nos colectores de cada aula e tirándoo logo ao colector.

Magosto + reciclaxe + río Tea

Martes, Novembro 19th, 2013

O pasado venres 15 de Novembro celebramos o magosto. Os alumnos e familias  de E. Infantil e E. Primaria elaboraron cestas con material de refugallo para depositar as castañas asadas. Os alumnos de ESO celebraron o magosto logo dunha unha andaina pola beira do río Tea duns 4 Km na Bouza Vella.

Se queredes visualizar como o celebramos podes visitar no facebook  este enlace (celebramos o magosto)

 

Recollida de papel usado nas aulas

Sábado, Novembro 16th, 2013

O martes 19 os alumnos de 2º de ESO A recollerán o papel usado deste mes nas clases de todo o noso centro. Repetiremos esta acción dúas ou tres veces ao mes. Pesarémolo e faremos unha comparativa ao final de curso cos datos dos últimos  anos (12).

Lembrade: non se trata de que reciclemos máis que en anos anteriores, que tamén (eso xa forma parte do hábito cotián nas aulas) senón de racionalizar e reutilizar o papel que usamos.

Grazas.

Reutilización de materiais + Halloween

Mércores, Novembro 6th, 2013

O Departamento de Inglés ten organizado para hoxe unha festa de Hallo0ween no centro.

Unha das actividades é a realización de cabazas decoradas.

Moitas delas aproveitan materiais de refugallo. Impresionante desplegue de imaxinación.

Noraboa a todos.

O noso primeiro forno solar

Venres, Marzo 15th, 2013

Ola, somos Paula, Carlos, Alba, Lucía,  Luis e Rubén,  alumnos de 4º da ESO,  e acabamos de construir o noso primer forno solar.

Aquí tedes un video de como o fixemos, esperamos que vos sexa útil.

Agora faremos de aprendices de cociñeiros

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Primeiras plantas nos nosos xardíns verticais

Venres, Marzo 8th, 2013

Os nosos primeiros resultados: agroman ben e rápido os allos; das lentellas aparecen as primeiras plántulas. As leitugas sacadas do alcouve da nai de Antonio (3ºA) non queimaron coa xeada. Este tempo non está moi aquelado para a horta, e aínda así parece que a cousa vai.

Dentro dun mes intentarémolo coas fresas, que sonche ben agradecidas.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Aparecen os primeiros desperfectos (rotura de cordeis, balonazos que baleiran de terra as botellas PET, madeiras que inchan e apodrecen,…) Iremos tomando nota e mellorando o que non funciona: diso se trata; ÁNIMO nenos, a experiencia enriquece.

ojd