Entradas etiquetadas como ‘Ponteareas’

Así celebramos o magosto os alumnos de ESO

Mércores, Novembro 4th, 2009

Os alumnos de ESO celebramos un magosto no parque forestal “A Bouza Vella” en Ganade (Ponteareas). Saímos andando desde o colexio e fumos pola beira do río Tea. Visualizamos as árbores da ripisilva, a depuradora de Ponteareas que non cumple coa súa función, a acción da auga sobre as beiras do río,… pero tamén o pasamos ben xogando e comendo todos xuntos. Velaí como vivimos esta xornada.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Máis vídeos da Semana da Ciencia 08/09

Xoves, Outubro 15th, 2009

Cristian Do Carmo ten subido a youtube varios vídeos que amosan a elaboración da súa casa ecolóxica na pasada edición da Semana da Ciencia. Noraboa CRISTIAN

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Escomenzamos a traballar a biodiversidade estudando a Darwin

Mércores, Outubro 14th, 2009

Paneis da exposiciónCo gallo do bicentenario do nacemento de Charles Darwin e dos 150 anos da publicación de “A Orixe das especies” estamos a realizar no pavillón de secundaria  unha exposición-concurso que ao longo de seis semanas  terá diferentes contidos sobre a vida e traballo deste prolífico científico pai da bioloxía moderna.

Podedes consultar máis información no taboleiro sito no pavillón de secundaria.

Tamén neste enderezo:

http://www.darwin2009.csic.es/

Clicando en exposición vitual poderedes atopar uns interesantes recursos didácticos:

http://www.darwin2009.csic.es/exposicion.jsp

Adiante!!!

Un alumno elabora un vídeo sobre a Semana da Ciencia

Venres, Outubro 9th, 2009

Coas fotos da Semana da Ciencia celebrada no curso 07/08, este verán do 09  e tras rematar 4º de ESO,  Diego Alonso elaborou un vídeo que podedes visualizar en dous partes.

Disfrutádeo, de seguro que apareces expondo algún dos experimentos.

Por certo, GRAZAS DIEGO.

Semana da Ciencia 07/08 (1ªParte )

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

A contaminación no río Tea en Ponteareas

Mércores, Setembro 9th, 2009

Ponteareas ten experimentado un estoupido urbanístico na última década falto de toda previsión digna do século no que estamos. Primeiro constrúese e logo xa se verá se hai infraestructuras básicas que garantan unha calidade de vida acorde coa riqueza xerada.

Para mostra, o que acontece coa depuración das augas residuais: a depuradora existente é claramente insuficiente para o volume urbanistico agora existente. Solución: moitas augas son vertidas ao río sen depurar. Podedes observalo nos seguintes vídeos que iremos subindo:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Vídeos da semana da ciencia do curso 08/09

Martes, Setembro 8th, 2009

Co escomenzo do curso 09/10 pretendemos dar a coñecer o que fixemos o ano pasado (aínda estamos aprendendo nisto do blog) e o que faremos no futuro.

Para ir abrindo boca, amosamos os seguintes experimentos:

  • O proxecto de Yago: un semáforo con leds que é toda unha xoia da tecnoloxía. 

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  • A casa domótica de Cristian

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  • Coche solar de Diego A

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  •  Medidor da concentración dunha disolución. Carlos e Álvaro

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

  • Explicacion do efecto xiroscópico de Alejandro

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Enquisa sobre a reciclaxe no noso pobo

Venres, Marzo 13th, 2009

Os alumnos de 6º de Primaria realizarán unha enquisa entre os pontareáns sobre a separación de residuos nas casas.

Realizaranna á volta das vacacións de Semana Santa nas dúas prazas do pobo.

Compararemos os resultados obtidos cos resultados que xa temos das familias do noso centro.

 

Aprendendo a separar o lixo desde cativos

 

Semana da ciencia

Mércores, Marzo 11th, 2009

Velaquí algunhas fotos da Semana da Ciencia organizada o ano pasado baixo o título “Coa reciclaxe, toda unha ciencia”

O tabaco mancha os pulmóns

Ponte romana de cartón no Parlamento de Galicia

visualización dos campos magnéticos en 3D con aceite, un frasco e un imán

 

Neste ano, xa están rematados os experimentos dos alumnos de Primaria. Os alumnos de secundaria tedes de marxe ata o 31 de Marzo para entregalos rematados. Bulide!

ojd